O grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) do Campus Terra da USC, que coordina o catedrático da Escola Politécnica Manuel Marey, organiza o vindeiro mércores 25 de outubro a xornada Retos do sector lácteo.
O encontro, no que se analizará o sector desde o punto de vista das ganderías e as empresas que lles prestan servizos, contará coa participación de Abanca, Alltech, Aresa e Innogando. Os relatorios comezarán ás 9:30 horas e abordaranse os retos de financiamento, sustentabilidade, produción e innovación do sector.
As charlas da mañá serán no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, con entrada libre e gratuíta. Pola tarde levarase a cabo unha visita a Granxa Gayoso Castro, para a que se habilitará un autobús ata completar as prazas.
Para máis información pódese enviar un correo electrónico a manuel.marey@usc.es.