Xenética Fontao confirma en 2015 o seu liderado na xenética Holstein en España

A empresa pública galega revalidou o seu liderado na xenética Frisoa española. Nas probas de CONAFE do mes de novembro mesmo mellorou os resultados obtidos en xuño.

Xenética Fontao confirma en 2015 o seu liderado na xenética Holstein en España

Delano, o mellor touro Holstein de España. Autor: Mauricio de los Santos

Xenética Fontao sitúa os seus touros nos postos máis altos dos ránkings daqueles trazos que máis importancia teñen na raza Holstein : morfolóxicos, produtivos e de saúde.

Así, nas probas de CONAFE correspondentes ao mes de novembro a presenza dos touros de Xenética Fontao na listaxe dos mellores touros probados -con fillas- de España é humillante: ten practicamente o 60% dos mellores touros por GICO, tanto no TOP 50, con 28 touros, como no TOP 25, con 15 touros como en TOP 10, con 8 touros de Xenética Fontao entre os dez mellores.

Delano confírmase como o mellor touro Holstein de España

Delano (MOM x Shottle, familia Elsa), que xa foi un destacado touro xenómico no seu día e debutou como touro probado nas probas de novembro 2014 como número 3, é o actual líder da lista dos mellores touros probados españois, repetindo o liderado

Este touro de Xenética Fontao mostra unha proba moi equilibrade con excelentes trazos de saúde, moi bo tipo e destacadas producións de leite con positivos % de graxa e, sobre todo, de proteína..

Por se isto fose pouco, o seu pedigrí, libre de sangue Goldwyn, convértese nun atractivo máis e nun aliciente para o seu uso, polo seu fácil axuste na nosa poboación de vacas.

Despois de Delano como número 1 nas probas de CONAFE atopamos a Gerardo no número 2, Minessota no posto 3, Thos no 4, Torrel no 5, Gilette no 6, Maorí no 7 e Elsar no 9. É dicir, un dominio claro de Xenética Fontao na xenética Holstein española.

Nos distintos e máis importantes trazos, estes son os resultados de Xenética Fontao:

Rasgos de produción:

En canto a quilos de leite, 8 touros de Xenética Fontao sitúanse no Top 10 de España. Son Torrel, número 2, Gilette, no terceiro posto; Xubileo, de número 4; ou Xudan, de número 5.

En canto a calidades do leite, en quilogramos de graxa Xenética Fontao ocupa tamén as primeiras posicións, con 5 touros entre os dez mellores. Así, Thos ocupa a primeira posición, seguido de Ambar, en segundo posto, ou Gerardo, en cuarta posición.

Minessota é o mellor touro de España en produción de proteína

E se analizamos a produción de proteína, 8 dos 10 mellores todos segundo as probas de CONAFE son de Xenética Fontao. Desta forma, Minessota ocupa o número 1, seguido de Horacio, no 3, Gilete no 4 ou Thos e Delano, nos postos 5 e 6 respectivamente.

Trazos de tipo: Jay o número 1

Jay. Autor: Mauricio de los Santos

Jay. Autor: Mauricio de los Santos

Mención especial para Jay (Gerard x Goldwyn) que se sitúa como número uno para tipo do TOP 50 na súa segunda proba oficial. Jay procede dunha recoñecida familia americana sobresaliente en tipo (Chief Tara).

No número dous por tipo sitúase Xilo, fillo do mítico Xacobeo, responde a un pedigrí con forte sinal morfolóxica : Xacobeo x Duplex (familia Precious). Torrel mantense no número 4. Tamén destaca para este trazo un membro da familia de Snowman, como é Elsar (Super x BW Marshall), que xa foi no seu día un touro moi destacado para ubres na primeira proba xenómica española oficial e que se mantén no posto número 6 do ránking dos mellores touros probados españois por tipo.

Ubres e patas

A supremacía de Xenética Fontao tamén se estende a trazos como ubres e patas. Así, en ubres, 8 dos 10 mellores touros Holstein de España son da empresa pública galega. Así, Seeler ocupa o primeiro posto; Elsar é o número 3; Jay o 5 ou Cospeito o 6, entre outros.

E en canto a patas e pés, Torrel eríxese como o mellor touro de España, mentres que Xilo ocupa a terceira posición e Delano a cuarta, sumando Xenética Fontao un total de 5 touros no Top 10 español.

Trazos de saúde: os primeiros postos para touros de Xenética Fontao

Os trazos de saúde cada vez cobran máis importancia para o gandeiro á hora de elixir a xenética do seu rabaño, sobre todo a lonxevidade e os días abertos. Neste campo, o dominio de Xenética Fontao volve ser claro.

Así, en Reconto de Células Somáticas (RCS), Xenética Fontao álzase con 7 dos dez mellores touros de España, segundo as probas de CONAFE. En concreto, Seeler ocupa o número 1, seguido de Ambar, no 2; Thos en terceira posición, ou Vilacobo na quinta, entre outros.

En lonxevidade, os primeiros postos son ocupados tamén por touros da empresa pública galega: Seeler álzase co número 1, seguido de Email, no 2, Cospeito, no 4, ou Delano no 6.

E en días abertos de fertilidade das fillas, de novo o dominio é dos touros de Xenética Fontao: Email logra o primeiro posto; Minessota no número 3 ou Turín e Melide, nos 4 e 5 postos, respectivamente.

Quitoxe e Suprem: primeiro e segundo mellores touros xenómicos de España

Quixote_suprem_FONTAO_APAISADA

Quixote e Suprem. Autor: Mauricio de los Santos

Se a hexemonía dos touros de Xenética Fontao en touros probados é clara, no ránking dos touros novos (xenómicos) non o é menos. Os touros xenómicos de de a empresa galega máis coñecidos seguen destacando nas súas probas , pero un novo elenco de animais irrompe con forza. Así, os resultados das últimas probas de CONAFE son claros: Xenética Fontao teñen 23 dos 50 mellores touros xenómicos de España, pero se acoutamos a lista aos 10 mellores, 7 son da empresa pública galega.

Mención especial para os dous touros que revalidan os dous primeiros postos do ránking: Quixote (Balisto x Snowman x Shottle x Boliver, familia Heidi) e Suprem (Shotglass x Altagreatest, familia Barbie) .

Quixote é un representante da familia Heidi, a máis buscada actualmente en Europa. A nai de Quixote, Anderstrup Snow Heaven ten varios fillos moi destacados no ránking xenómico alemán e tamén no danés, todos eles, irmáns maternos de Quixote. Mención especial para Deluxe un fillo de Big Point pertencente á mesma familia materna que Quixote e que cun tremendo potencial leiteiro e unha excelente proba de tipo sitúase como touro número 5 do TOP 50 xenómico español.

Quixote ten o que todo touro Nº 1 debe ter, con moita produción , con moitos kg de leite e porcentaxes positivos de graxa e proteína ( é o touro xenómico nº 1 en kg de proteína e nº 5 en kg de graxa), unha proba moi equilibrada e sen debilidades en tipo xeral, ubres e patas e destacados trazos de saúde. Un atractivo engadido de Quixote no seu peculiar pedigrí, como no caso de Delano, libre de sangue Goldwyn.

Suprem é un touro procedente dunha das mellores familias de vacas a nivel internacional (familia Barbie), pero cun pedigree diferente e peculiar (Shotglass x Altagreatest) combinando o mellor da súa liña materna (tipo excepcional) e a súa liña paterna (altas producións de leite). Suprem é ademais un touro para facer vacas de futuro polos seus excelentes trazos de saúde (Nº 1 dos touros xenómicos españois para Lonxevidade, Número 4 para RCS e entre os mellores para fertilidade de fillas (Días abertos).

Deluxe. Autor: Mauricio de los Santos

Deluxe. Autor: Mauricio de los Santos

Outros touros que manteñen destacada presenza no TOP 50 xenómico español son Deluxe no número 5 (Big Point x Bookem), Melendi no 6 (Doorman x Super) e no posto nº 9 temos a DERBI (Doorman x Snowman), un interesantísimo touro procedente do programa embrionario de Xenética Fontao con irmáns completos moi destacados en xenómica noutros países e que non presenta unha soa debilidade na súa proba: altas producións e excelente tipo con moi bos trazos de saúde.

Julius (Balisto x Epic) con fortes calidades de leite que se sitúa no undécimo posto do ránking, seguido de Bikoka (Balisto x Shottle) con tremendas producións de leite e altísimas calidades.

Como recentemente incorporados a este club de elite dos mellores touros xenómicos españois figuran outros dous touros novos de Xenética: Luaces e Balance, que ademais dun peculiar pedigrí en excelentes familias de vacas presentan altas producións de leite, excelentes calidades e un gran equilibrio nas súas probas de tipo e de trazos de saúde.

Luaces e Balance ocupan os postos 7 e 8 do ránking xenómico español respectivamente e son os dous únicos touros xenómicos (a nivel nacional) que irrompen no TOP 10.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información