Xa se pode consultar a listaxe de agricultores e gandeiros que recibirán axudas para a compra de fertilizantes

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou a listaxe provisional dos 248.763 titulares de explotacións agrícolas que se van beneficiar de axudas para compensar a suba do prezo dos fertilizantes, que contan cun orzamento de 300 millóns de euros. Estes apoios foron aprobados polo Goberno mediante o Real Decreto-lei 20/2022, de 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína e apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade.

beneficiarios axudas fertilizantes

A axuda concédese ás superficies de cultivos permanentes e terras de cultivo (exceptuados barbechos e pastos temporais) que fosen elegibles para o cobro das axudas directas da Política Agraria Común (PAC) na campaña 2022. No caso da Comunidade Autónoma de Canarias, concédense ás superficies destes cultivos recollidas no Rexistro de Explotacións Agrícolas (REGEPA) a 31 de maio de 2022.

Concederanse axudas cando o importe a percibir resulte igual ou superior aos 200 euros, e até un máximo de 300 hectáreas por beneficiario, nas que se priorizará a superficie en regadío. Está previsto que os beneficiarios que cumpren coas condicións establecidas para acceder a esta axuda e que non presentaron alegacións poidan percibir estas axudas antes de que finalice o mes de abril, ao obxecto de que poidan contar con estes apoios de face ao abonado de cobertera.

En base aos datos provisionais de explotacións subvencionables e ao número de hectáreas que serían elixibles para esta axuda, que se sitúan en preto de 10,6 millóns de hectáreas, e para evitar superar a contía máxima estimada por tipo de superficie, realizouse un axuste liñal aos importes unitarios indicados no real decreto-lei, de tal forma que se estableceu un importe unitario de 20,82 euros por hectárea de superficie de secaño e de 52,06 euros por hectárea de superficie de regadío.

O orzamento asignado é de 297 millóns de euros, xa que se reservou unha bolsa de 3 millóns de euros para atender posibles alegacións.

A relación dos titulares de explotacións agrícolas que poden optar ás axudas, xunto co número de hectáreas de secaño e de regadío computadas e a contía da axuda a percibir poderase consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do FEGA. Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días hábiles (desde o 16 de febreiro até o 1 de marzo) para realizar alegacións, que deberán presentarse exclusivamente a través do formulario de alegacións da sede electrónica do FEGA.

Pódese consultar máis información na páxina web do FEGA, na seguinte ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información