‘Vive a reserva’: relatorios, obradoiros e outras actividades a partir deste domingo en Allariz

Unha vintena de mulleres relacionadas co rural expoñerán as súas experiencias a través de 8 actividades gratuítas entre este mes de setembro e outubro en distintas localidades da Reserva da Biosfera Área de Allariz. Para participar é necesario inscribirse no 664 52 44 86

‘Vive a reserva’: relatorios, obradoiros e outras actividades a partir deste domingo en Allariz

O programa arrancará o vindeiro domingo 24 .// Fonte: Imaxe de arquivo

Este domingo, 24 de setembro, arranca o programa ‘Vive a reserva’, incluído dentro do proxecto europeo Equal Rural, no que se inclúen oito actividades diferentes que se desenvolverán durante os meses de setembro e outubro en distintos puntos da Reserva da Biosfera Área de Allariz. Tratase dunhas xornadas abertas a todo o público interesado e de carácter gratuíto. Para asistir é necesario anotarse previamente no 664 52 44 86.

‘Vive a reserva’ terá como protagonistas a unha vintena de mulleres da zona relacionadas co medio rural e a súa dinamización. A través das súas experiencias intentarán impulsar unha solución aos principais problemas de hoxe en día, como son a crise demográfica, a falta de relevo xeracional, a inseguridade alimentaria, a crise enerxética ou a adaptación e mitigación ao cambio climático. 

A primeira destas actividades será este domingo, 24 de setembro, en San Mamede de Urrós, en Allariz a partir das 10:30 horas. ‘Domingos labregos. Fortalecendo comunidades a través do cultivo da terra’ é o título da primeira experiencia que chegará da man de Uxía García de Buciños e Novoa, quen dará a coñecer o concepto de Domingo Labrego e Agricultura Sostida pola Comunidade (ASC), ademáis de afondar sobre a horta ecolóxica e botar unha man en diferentes labores labregas. Nesta sesión será necesario levar luvas, prato e vaso porque remata cun xantar para todas/os as/os asistentes que terá lugar en A Torre, nº 12  de Allariz.

Programa de actividades

A continuación, expóñense todas as citas de ‘Vive a Reserva’:

  • 24 de setembro (San Mamede de Urrós, Allariz): Domingos labregos: fortalecendo comunidades a través do cultivo da terra
  • 30 de setembro (O Mosqueiro, Vilar de Santos): Medrando co pan. Obradoiro para crianzas
  • 30 de setembro (Salón Social de Rairiz de Veiga): Faladoiro “As abellas. Coidados de outono. Pasado, presente e futuro da apilcultura”
  • 7 de outubro (Mercado da Reserva, Allariz): Encontro de troco de sementes
  • 20 de outubro (Fogar dos Maiores, Allariz): Faladoiro “O papel das mulleres nos montes comunais (CMVMC), pasado, presente e futuro”
  • 22 de outubro (Museo da Limia, Vilar de Santos): Pasado, presente e futuro do liño. Actividade incluída na X Feira de Artesanía e Produto Local de Vilar de Santos
  • 28 de outubro (Zona verde do Polígono Empresarial de Allariz): Rabaños de lume: o papel da gandaría extensiva na loita contra os incendios
  • 28 de outubro (Edificio do Concello de A Bola): Deseño de bosques comestibles: introdución teórica e plantación de froiteiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información