Xornadas sobre o futuro da vitivinicultura galega no Museo do Viño de Galicia

A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e de Vitivinicultura Artesanal de Galicia colabora nestas citas, que terán lugar os sábados 20 e 27 de abril e na que participan diversos expertos do sector

Publicidade
Xornadas sobre o futuro da vitivinicultura galega no Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia (Ribadavia) acolle dúas xornadas informativas baixo o título ‘Falemos do Futuro da Vitivinicultura’. A finalidade destes encontros é fomentar e potenciar a vitivinicultura, zonificar e clasificar o viñedo, e recuperar a historia e tradición dos grandes viños galegos. Os encontros están organizados en colaboración coa asociación de Colleiteiros do Ribeiro e de Vitivinicultura Artesanal de Galicia e terán lugar os sábados 20 e 27 de abril.

Nas xornadas trataranse diferentes aspectos do mundo do viño, que afectan na actualidade aos viticultores e adegueiros máis pequenos. Exporase a súa situación no mercado, falarase de como serán os viñedos do futuro e tamén da historia e a tradición como un valor engadido. Para iso, cóntanse con diversos expertos, coma historiadores, distribuidores, importadores, enólogos, viticultores ou sumilleres, que serán os encargados de impartir as charlas.

Dende a Asociación de Colleiteiros indican que a súa preocupación é que se recuperen os viñedos históricos, as zonas tradicionais e que se clasifique o viñedo pola súa calidade. Tamén destacan a importancia de potenciar e recuperar aqueles viñedos cuxa historia, arquitectura e vocación agronómica está contrastada ao longo dos séculos, por iso se incide na historia como base fundamentada e documentada onde se establecen os grandes viñedos e viños no mundo.

Dende a asociación piden apoio das administracións para os pequenos proxectos con valor engadido

Así, indican que as xornadas buscan facilitar un espazo de debate e confrontación de ideas a todas as persoas que forman parte do sector. Resaltan que o futuro do rural galego pasa por desenvolver e potenciar a moitos pequenos produtores e para iso, indican, “é necesario apoio das administracións aos pequenos proxectos de valor engadido” e tamén facer unha vitivinicultura rexenerativa e saudable para o consumidor e os habitantes do medio onde se desenvolve.

Dende o colectivo buscan que os monovarietais “non sexan un moneco en mans dos grandes grupos e operadores obsesionados cunha soa variedade, que sexa pan para hoxe e fame para mañá cando fique esquecida por outra novidade”. Nas xornadas mostrarán os grandes territorios do mundo e da evolución das Denominacións de Orixe. Falarán de viños diferenciados, saudables, con proxección internacional, con alto valor engadido e que falen do territorio.

Programas das xornadas
WhatsApp Image 2024-04-19 at 11.31.25 (1)

WhatsApp Image 2024-04-19 at 11.31.25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información