Viño galego elaborado con uva de Castela: A fraude que non cesa

A venda de viño de mesa ou a granel con nome galego ou elaborado por adegas galegas pero con uva de Castela segue sendo algo xeneralizado, sobre todo en comunidades como Valencia, Cataluña ou Baleares. Unha situación fraudulenta para o consumidor que prexudica aos viticultores de Galicia

Publicidade
Viño galego elaborado con uva de Castela: A fraude que non cesa

Viño turbio galego nun restaurante de Cataluña

Ante la información publicada por Campo Galego el pasado 18 de diciembre bajo el titular “Vino Gallego elaborado con uva de Castilla: El fraude que no cesa”, una de las empresas aludidas en la información, Bodegas Campante, S.A y Adegas do Miño, S.L, ambas pertenecientes al Grupo Reboreda Morgadío, al entender que se está dañando su imagen con esta información solicitan ejercer el derecho de rectificación en los siguientes términos:

“Turbiño”, “Os Portapazos”, “Viño Blanco”….o nome soa a galego, algúns levan na etiqueta a bandeira de Galicia e mesmo pode ser elaborado por adegas galegas, pero a uva procede de Castela ou doutras rexións de España. A venda destes viños de mesa a baixo prezo -mesmo a menos de 2 euros a botella- segue sendo unha realidade estendida, sobre todo no sector da hostalaría e en comunidades do Levante español, como Valencia, Cataluña ou as Illas Baleares

Desde as asociacións de consumidores, consellos reguladores e viticultores consideran que esta situación é fraudulenta, pois prexudica a imaxe dos viños de Galicia, asociándoos a viños baratos e de baixa calidade, e ademais supón un engano para o cliente, pois na maioría dos casos a uva, a materia prima, non é galega.

Os argumentos cos que as empresas de distribución chegan a vender estes viños rozan ás veces o esperpento. Así, unha distribuidora de viño  de Asturias, vende o seu “Viño Blanco” turbio galego destacando que foi elaborado “seguindo a tradición e cultura galega”.

Galicia Gourmet (sic), unha distribuidora de produtos para hostalaría radicada en Xinzo de Limia (Ourense) destaca do seu viño “Turbiño”, elaborado por unha adega galega, que “estes viños aínda que saísen turbios, eran do gusto dos poboadores de Galicia. Nos últimos anos, o viño galego turbio tomou auxe en certos restaurantes españois, até o punto que se elabora e comercializa para satisfacer a demanda dos galegos”. Conclúe que o viño turbio “considérase unha bebida tradicional galega”, tal cal.

Bodegas Leopoldo distribúe en Alacante estes viños turbios galegos entre o sector da hostalaría, onde recoñecen que existe unha demanda consolidada para este tipo de caldos.

O caso de “Os Portapazos”

Un dos casos máis soados foi o de “Os Portapazos”, un viño elaborado por Adegas do Miño para a cadea de supermercados Lidl. Un viño económico, feito cun coupage de viños que proceden de Castela, Valencia e Cataluña e que foi elixido como un dos mellores viños brancos españois da colleita 2017 na última edición dos premios Baco, que organiza a Unión Española de Catadores.

Dáse a casualidade de que o viño é elaborado en Toén (Ourense) por Adegas do Miño, que forma parte do grupo galego Reboreda Morgadío, ao que pertence tamén Adegas Campante, que elabora “Turbiño”.

Xoán Cannas (Instituto Galego do Viño): “A solución pasa por formar aos clientes e ao persoal de restaurantes e supermercados”

Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño (INGAVI), considera que “para entender esta situación hai que remontarse a mediados do século XX, cando desde Galicia, e desde a comarca do Ribeiro en concreto, apostouse por variedades de vide foráneas e moi produtivas e alimentouse esta imaxe de viño galego turbio e barato, sobre todo na zona de Levante”.

“Sen embargo -engade- co cambio de modelo de viticultura en Galicia, orientado cara ás DO e cara aos viños de calidade, nestes momentos eses viños non son elaborados con uva galega, a pesar de querer pasar como de Galicia, e en moitos casos elabóranse fóra da nosa comunidade”.

Neste sentido, Xoán Cannas recoñece que a principal preocupación “é a imaxe de marca Galicia que están a crear estes viños”, algo que tamén estende especialmente a DO´s como Ribeiro pero tamén Rías Baixas.

A solución, ao seu xuízo, pasa por “crear máis cultura do viño e unha maior sensibilización entre os consumidores”. “E creo que iso empeza por formar aos camareiros dos restaurantes e aos responsables de sección de viños nos supermercados, para que eles transmitan os coñecementos aos clientes que compran viños e non se lles engane”, conclúe.

Viñoteca Vide Vide: “Deberíanse regular máis os viños de mesa e a granel para garantir a orixe da uva”

Desde Vide, Vide! , unha recoñecida vinoteca e distribuidora de viños de Santiago de Compostela, aseguran que “cando abrimos si que nos viñan turistas, sobre todo da zona de Valencia, demandando viño turbio galego”.

Cren que a situación en Galicia está superada “porque en consumidor de aquí si que valora os viños de calidade”, polo que consideran que “deberíase realizar un traballo de mercadotecnia e de promoción nesas comunidades onde máis se produce esta situación”.

En todo caso, lembran que “para o consumidor que bebe viño todos os días é necesario ofertarlle unha alternativa, polo que habería que regular máis tanto o viño de mesa como o viño a granel para que garantir ao consumidor a procedencia da uva”.

“No noso caso, vendemos tamén viño a granel de colleiteiros e pequenas adegas, pero controlando que as uvas sexan de Galicia. Despois hai un mercado de viños a granel a prezos moi baixos e onde non se garante ningunha orixe, e nese mercado non entramos”, engaden.

En todo caso, desde Vide Vide! auguran que o mercado de viños de calidade a granel “ten moito futuro, sobre todo en formato de Bag in Box, un tipo de envase no que o viño se conserva até 4 meses unha vez empezado, e que en Denominacións de Orixe como Bierzo, xa autorizan este tipo de envase, polo que igual aquí as DO´s tamén deberían consideralo”.

Iniciativa do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para perseguir a fraude

Etiquetas que garante que o viño é do Ribeiro

Etiquetas que garante que o viño é do Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro puxo en marcha un novo e pioneiro programa de loita contra a fraude na marca vitivinícola de viños que se venden utilizando a palabra Ribeiro e que non levan a etiqueta nin están sometidos aos controis do Consello Regulador. E xa están a obter os primeiros resultados.

Para poder implementar esta estratexia, o Consello Regulador aprobou en pleno dous meses atrás un protocolo de actuación elaborado polo gabinete xurídico. Este documento inclúe, por unha banda, información legal sobre a marca e a identidade do Ribeiro, e, por outra banda, unhas instrucións de actuación para todo aquel que detectase algún caso de fraude. Entre esas pautas, recoméndase notificar ao Consello do caso, co maior número de probas posibles, fotografías e direccións. Unha vez que o Consello o recibe, o gabinete xurídico comunica ao local ou páxina unha advertencia da fraude cometida, exhortando a que eses actos cesen, e en caso de non chegar a un acordo, procederíase a levalo a xuízo.

Polo de agora detectáronse e conseguiuse unha rectificación en seis casos de utilización fraudulenta da marca Ribeiro en España, sen que o proceso chegase aos tribunais. Os diferentes casos detectados consisten na utilización de viño de mesa anunciado en numerosos restaurantes como un produto de marca Ribeiro, que non está acollido dentro da Denominación de Orixe.

Outro dos casos é o coñecido como viño turbio, que se vende como produto de marca, detectado sobre todo en locais de restauración do levante peninsular. Tamén se atoparon mostras desta fraude en páxinas de distribución en internet e nalgúns locais nos que se vendía produto a granel facéndoo pasar por viño do Ribeiro.

Juan Casares: “Os máis prexudicados por esta situación son os nosos viticultores”

Para Juan Casares, presidente do Consello Regulador, “esta situación afecta á imaxe e ao prestixio dos viños do Ribeiro e sobre todo á parte máis débil da cadea, que é o viticultor, xa que se lle acaba pagando menos pola uva”.

“Ese viño non é do Ribeiro e o peor é que por cada botella que se comercializa é unha botella menos de viño do Ribeiro que se vende. É a primeira vez na historia do Consello Regulador que se pon en marcha un protocolo específico para loitar contra a fraude na utilización da marca Ribeiro, e creo que é así como conseguiremos mellores condicións de vida para todas as persoas que traballan no sector do viño nesta DO”, subliña o presidente.

“A única garantía de que un viño é galego, e do Ribeiro en concreto, é que leve a contraetiqueta do Consello Regulador, pois só así se garantirá que a uva foi producida aquí e elaborada en adegas de aquí”, conclúe.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información