Os viños da DO. Ribeiro promociónanse en Alacante, uns dos principais destinos turísticos de España

A D.O. máis antiga de Galicia seduce cunha cata maxistral guiada polo catador Antonio Candelas

Publicidade
Os viños da DO. Ribeiro promociónanse en Alacante, uns dos principais destinos turísticos de España

O mércores 24 de xaneiro o hotel Hospes Amérigo de Alacante foi o escenario do Salón de Viños da D.O. Ribeiro e onde unha representación de 16 adegas da denominación de orixe máis antiga de Galicia mostrou as súas novidades a un numeroso público profesional. Neste emprazamento tivo lugar tamén unha cata maxistral guiada polo recoñecido catador Antonio Candelas.

A fidelidade a unha paisaxe, a singularidade dos chans, a tradición por manter aquelas prácticas dos antepasados engadindo innovación e moita paixón persoal, son as características que axuntaron ás adegas que participaron neste evento profesional.

O presidente do C.R.D.Ou. Ribeiro, Juan M. Casares Gándara, en relación ao evento sinala que “este é un encontro vinícola, organizado polo C.R.D.O. Ribeiro coa colaboración da Unión Española de Catadores (UEC), onde os viños e os seus elaboradores foron os auténticos protagonistas, e onde o éxito radicou na diferenciación e na autenticidade dos viños que hoxe en día se elaboran nesta Denominación de Orixe.”

Ademais da celebración do showroom no céntrico hotel, o C.R.D.O. Ribeiro tamén organizou un par de presentacións con cata de viños. A primeira tivo lugar no Centro de Turismo de Alacante, para os alumnos do curso oficial de sumillería e do módulo de viños do curso de restauración. O segundo evento celebrouse na Escola de Catas de Alacante, para un extenso grupo de catadores e amantes do viño.

Adegas Campante, Adegas Siah, Casal de Armán, Cuñas Davia, Pablo #Vidal Viños con Personalidade, Pazo do Mar, Pedro Villamarín Viños, Xulia Bande, Viña Costeira, con presenza a través de caseta propia, e Adega Alanís, Adegas Cunqueiro, Adegas Docampo, Adegas Peña, Pateiro Viños de Garda, Ramón do Casar e Viños e Encostas, a través do formato túnel, son as 16 adegas que fixeron cos seus viños que Alacante convertésese por varios días na capital do viño da D.O. Ribeiro.

Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Actualmente confórmana 102 adegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense. A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 1.267 hectáreas de viñedo, repartidas en algo máis de 17.000 parcelas, situadas nos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de gran diversidade vitivinícola onde traballan ao redor de 1.600 viticultores.

A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX. A produción da colleita 2023 na Denominación de Orixe foi de 11,5 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é viño branco e 8% viño tinto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información