Unións Agrarias demanda que os custos de produción de “Conta Láctea” se consideren oficiais para poder negociar coas industrias

A organización Unións Agrarias insta ás administración a converter a Conta Láctea nunha ferramenta oficial. A organización agraria valora positivamente a posta en marcha da nova aplicación que esta mañá presentou a Consellería do Medio Rural. Mais fai un chamamento á responsabilidade e solicita que Xunta e Ministerio a avalen como método de referencia para o cálculo dos custos de produción a ter en conta para o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria.

UUAA entende que a nova aplicación dixital impulsada por Medio Rural da man da Fundación Juana de Vega “pode ser moi positiva á hora de establecer as liñas vermellas que as industrias non deben traspasar e garantir prezos xustos para as explotacións”. Porén, a organización considera necesario “ir un paso máis aló para non xerar frustración e conseguir que os datos introducidos polos gandeiros teñan consideración de oficiais”.

Unións Agrarias entende que a Xunta de Galicia debe facer un seguimento dos custos achegados polos produtores a través da app e validalos públicamente. Ademais, insta ao Ministerio de Agricultura a impulsar as reformas precisas para que a ferramenta impulsada polo goberno autonómico teña consideración oficial e se incorpore como referencia á Lei da Cadea Alimentaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información