Un godello de Valdeorras, “Sorte O Soro 2021” de Rafael Palacios, único viño galego que alcanza os 99 puntos Parker

Oito viños da Denominación de Orixe obteñen unha puntuación igual ou superior a 96 nas catas de “The Wine Advocate” en 2023

Publicidade

RAFAEL_PALACIOS_VALDEORRAS_03_VERTICALA revista de viños máis prestixiosa do mundo, The Wine Advocate, acaba de desvelar as puntuacións das catas realizadas en 2023. Entre os centos de mostras analizadas, un godello de Valdeorras foi o único viño galego que alcanzou os 99 puntos na Guía Parker. Trátase de “Sorte O Soro 2021” da bodega Rafael Palacios.

O único crítico español desta publicación americana, Luis Gutiérrez, destacou na súa nota de cata que “encántame o carácter incisivo do Sorte O Soro 2021. Punzante e cortado a láser. Un viño frío, austero, sutil, preciso, limpo, armonioso e con sensación de vin de garde. Ten pureza, enerxía e un padal vibrante con pureza e elegancia; que me lembrou a algúns dos viños de Jean-Marc Roulot en Borgoña”.

Todas as uvas da variedade godello utilizadas para producir este viño monovarietal recóllense nunha única parcela a 710 metros de altitude no pobo de Santa Cruz (O Bolo), no val do río Bibei. Á hora de definir a Rafael Palacios, Luis Gutiérrez afirmou en The Wine Advocate que “é un dos mellores produtores de brancos de Galicia e de España. Os seus viños teñen un frescor e unha mineralidade salina que moitas veces transcende á colleita e incluso á variedade, debido á gran altitude do Bolo e aos solos arenosos graníticos descompostos”.

Oito marcas por enriba dos 96 puntos

Entre os 44 viños galegos que obtiveron unha puntuación igual ou superior a 96 nas catas da Guía Parker en 2023, atópanse outros sete viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Para comezar, a colleita 2022 da mesma referencia de Rafael Palacios foi un dos dous únicos que conseguiron 98 puntos. Pola súa parte, “Sorte Antiga 2021” da mesma adega e “O Diviso 2020” de Telmo Rodríguez acadaron os 97.

Outras tres referencias valdeorresas foron calificadas de excelentes ao chegar aos 96 puntos. Trátase de “Alma do vello tesouro 2021” de Viña Somoza, “As Caborcas 2020” de Telmo Rodríguez e “Sorte Antiga 2022” de Rafael Palacios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información