‘TerraRendible‘ organiza para este luns 4 de decembro unha charla que tratará temas de interese e actualidade para as explotacións agrarias.
O acto será ás 16:30 no centro da asociación na parroquia do Val, no Concello de Narón.
O programa desta palestra está dividido nas seguintes intervecións:
-Alejandro Martínez Vérez, xefe de sección da Oficina Rural de Ferrol. A súa intervención titúlase ‘Rede Natura e PAC’.
-Miguel Teixido Sotelo, xerente Seitura 22. Ofrecerá unha palestra sobre a ‘Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galicia’
-Marcos Bonome Dopico, xerente de Central Galaica de Plantas Medicinais. A disertación será ‘Cultivo e recolección sostible de plantas medicinais e aromáticas’.
A Asociación ‘TerraRendible’ organiza o encontro coa colaboración do Concello de Narón, Cooperativa O Val e Seitura 22.
Para máis información pódese enviar Whatsapp a: 622 655 769