Río e Lactalis aclaran que as sancións da Aica están pendentes de recurso ante o xulgado contencioso administrativo

Río e Lactalis aclaran que as sancións da Aica están pendentes de recurso ante o xulgado contencioso administrativo

Tras emitir Agromuralla unha nota de prensa na que aseguraba que tres industrias lácteas recibiran sancións por supostas irregularidades de contratos, Río e Lactalis saíron ó paso para aclarar que se trata de sancións que están recurridas ante o xulgado contencioso administrativo.

Río ademais precisa que a sanción que recibiu foi por non ter facilitado a documentación requerida pola Agencia de Información y Control Alimentario (Aica) no tempo marcado. Trátase, segundo Río, “dun mero erro administrativo”, polo que a empresa decidiu presentar un recurso ante o xulgado contencioso administrativo, estando pendente de celebración a vista o próximo mes de maio.

A industria lucense nega que a sanción fose motivada, tal e como afirmou Agromuralla, porque os seus contratos non incluísen a información mínima requerida pola Ley de la Cadena Alimentaria.

No caso de Lactalis, a compañía precisa que a sanción recibida, correspondente ó exercicio 2021, debeuse a unha “disparidade de criterios na interpretación da Ley de la Cadena Alimentaria”, polo que a sanción tamén foi recurrida ante o xulgado contencioso administrativo e está pendente de resolución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información