Rías Baixas firma un convenio con Abanca para cumprir os prazos de pagamento da uva

O banco e o Consello Regulador lanzan unha póliza de crédito que dá solución ás necesidades financeiras das adegas para cumprir os prazos de pagamento da uva que establece a Lei da Cadea Alimentaria. ABANCA estenderá a oferta ao resto de denominacións de orixe de Galicia e León

Publicidade
Rías Baixas firma un convenio con Abanca para cumprir os prazos de pagamento da uva

Juan Gil de Araujo e Jesús Combarro Pereira.

ABANCA e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas acaban de asinar recentemente un acordo para facilitar o crédito ás adegas da provincia de Pontevedra e A Coruña co obxectivo de facilitar nesta vendima o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria, que establece un prazo máximo de pagamento das uvas de 30 días despois de finalizada a entrega.

Na presentación do acordo participaron o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

O texto acordado senta as bases para tratar de atallar as principais preocupacións, sobre todo de desponibilidade de tesouraría, ás que teñen que facer fronte as adegas á hora de cumprir coa Lei da Cadea Alimentaria. Deste xeito, as empresas que pertencen a esta denominación de orixe poden optar a unha póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos que permite atender as esixencias da Lei 12/2013 en materia de prazos de pagamento das uvas, establecido en 30 días como máximo dende finalizada a entrega.

Dende ABANCA destacan que “esta iniciativa se circunscribe no decisivo apoio que a entidade financeira presta ao sector vinícola no inicio da campaña”. Deste xeito, ofrécese ás adegas un financiamento flexible e competitivo que responde ás necesidades de crédito,

ABANCA ten previsto estender esta oferta de financeira ao resto de denominacións de orixe de Galicia e de León.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información