Resultados da XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras

Publicidade
Resultados da XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras

O conselleiro do Medio Rural, José González, cos galardoados na gala celebrada onte á noite

O Hotel Monumento Pazo do Castro, emprazado no Barco de Valdeorras, acolleu este venres pola nite o acto de entrega de Premios da XXII Cata Oficial de Valdeorras, que este ano estivo novamente aberta a todas as adegas interesadas en participar (tamén con presenza no Túnel do Viño de Valdeorras que mañá e pasado se desenvolverá na barquense praza de Viloira). O acto estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, e contou tamén coa intervención do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e da vogal do C.R.D.O. Valdeorras, Araceli Fernández.

No decurso da súa intervención, Araceli Fernández, destacou que “o síntoma máis evidente de que o sector vitivinícola valdeorrés goza de boa saúde é que cada vez son máis os viticultores que apostan por realizar novas plantacións no noso territorio amparado. Así o amosa o aumento que se produciu nas hectáreas de viñedo cultivado nos dous últimos anos e así se evidencia tamén polas solicitudes que se fixeron para plantar novas terras de cara aos vindeiros meses”.

Premios:

Un total de 19 adegas con 59 referencias distintas participaron nesta edición Cata, que tivo lugar nas instalacións do Consello Regulador a semana pasada.

Estes son os resultados da XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras:

Viños brancos

1º Premio- A Coroa Godello de Adega A Coroa S.A.T.
2º Premio- Viñaredo Godello de Bodega Santa Marta S.A.T.
3º Premio- Godeval Godello Cepas Vellas de Bodega Godeval S.A.T.

Viños tintos

1º Premio- Lagar do Cigur Mencía de Adega Melillas e Fillos S.L.
2º Premio- Maruxa Mencía de Virgen del Galir S.L.U.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.

As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para Pedrazais Godello 19 de Adega Alán S.A.T., no caso dos brancos, e Joaquín Rebolledo Barrica 19, no caso dos tintos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información