Os godellos da DO. Valdeorras, protagonistas no Salón Gourmets 2024

Este importante foro de alimentación e bebidas de calidade desenvolverase en Madrid entre o 22 e o 25 de abril. 14 adegas da Denominación de Orixe darán a coñecer os seus viños no marco deste salón

Publicidade
Os godellos da DO. Valdeorras, protagonistas no Salón Gourmets 2024

A vindeira parada promocional dos viños valdeorreses terá lugar na capital de España, en Madrid, en concreto no Salón Gourmets. Un foro especializado en alimentación e bebidas de calidade que dará comezo o vindeiro luns e se desenvolverá ata o xoves, 25 de abril. “No marco deste espazo, 14 adegas da nosa Denominación de Orixe darán a coñecer os seus brancos e tintos”, destaca José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do organismo.

“Unha oportunidade máis para divulgar, sobre todo, que o noso territorio amparado é o berce orixinario do godello posto que todos os brancos que poderán degustarse en Gourmets 2024 procedentes de Valdeorras son monovarietais elaborados a partir deste tipo de uva”, engade o máximo responsable do Consello Regulador.

Así, 26 referencias de Valdeorras (17 brancas e nove tintas) poderán degustarse en Gourmets 2024. Será no stand 6B30 do recinto feiral do Ifema, no que terá lugar o foro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información