O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas de plans de mellora, incorporación ó agro e pequenas explotacións. En cada resolución, detállanse as axudas aprobadas, coas coantías correspondentes, así como as solicitudes denegadas.
Pódense consultar os listados de beneficiarios e denegacións nos seguintes enlaces:
- Incorporación de persoas mozas.
- Plans de mellora
- Investimentos en explotacións de agricultura
- Axudas para pequenas explotacións
Este ano 2024, a Consellería xa convocou a inicios de xaneiro as axudas de incorporación e plans de mellora 2024, algo que foi criticado polo sector, pois a nova convocatoria chegou antes de que se resolvese a anterior, o que deixou ós potenciais solicitantes con incertidume sobre como proceder.