Reducir os custos de produción e aumentar a eficiencia é a estratexia dominante nas explotacións gandeiras desde hai varios anos para poder competir nun mercado desregulado.
Para poder avanzar nese obxectivo as agrupacións de defensa sanitaria gandeira de Mesía e Frades organizaron a pasada semana en Ordes unhas charlas informativas, nas que participou Joaquim Baucells, veterinario asesor de leite de Centre Veterinari Tona (CVTONA), de Cataluña.
O seu relatorio “Custos da produción de leite unha ferramenta para
mellorar a supervivencia” centrouse nun modelo de explotación altamente intensiva, e na que o gandeiro non ten por que producir as súas propias forraxes, máis propia de comunidades como Valencia, Castela a Mancha ou Cataluña.
Desde o seu punto de vista, a estratexia do sector lácteo no seu conxunto no actual escenario “debe pasar primeiro por defender o consumo de leite” e para o gandeiro en particular “por mellorar o rendemento e a produtividade da explotación”. “E é que hoxe -subliñou- a competitividade é un factor de supervivencia, que pasa por producir leite ou máis barato, ou producir un leite diferente”.
Neste sentido, e partindo de que “máis que falar de prezo xusto do leite, debemos falar de custos de produción”.
A este respecto, Baucells incidiu en que para calcular os custos de produción “é imprescindible que sexan reais, porque uns custos de produción incorrectos non só son inútiles para a toma de decisións, senón que son moi perigosos para planificar o futuro”. Como exemplo destacou que “á hora de calcular os custos alimentarios un dos erros máis comúns na Cornixa Cantábrica é que se minusvalora o valor da forraxe propia”.
Con todo, Baucells incidiu en que “os custos de produción son distintos para cada explotación”. Para ilustralo, e a falta dunha base de datos actualizada en España, o veterinario asesor de CVTONA recorreu aos datos de Estados Unidos do ano 2015, no que se comparan os custos de produción de 107 granxas de vacún de leite.
“Vemos que a gran diferenza foron os gastos alimentarios e que houbo diferenzas entre custos de produción de ata 2.000 euros por vaca e ano dependendo da explotación”, subliñou.
A este respecto, Baucells recomendou que, a parte de ter datos de custos reais de produción, “as contas de explotación hai que analizalas cada tres meses e comparalas tanto coa contorna inmediata como co resto do país”.
Principais erros á hora de calcular os custos de alimentación
Partindo que a alimentación é o principal custo de produción, de media o 60% do total, Quim Baucells explicou os principais erros que, ao seu xuízo, se cometen neste apartado e que obstaculizan coñecer o custo real de alimentación nunha explotación:
-O gandeiro fíase da dieta que lle propoñen para o seu rabaño, cando en realidade nin o prezo nin as cantidades son as que en realidade consome o rabaño e paga o gandeiro. É un erro grave calcular o custo alimentario a partir da dieta, xa que normalmente hai perdas de entre o 20 e 30%.
-Preguntar e comparar prezos entre distintos provedores de pensos e demais material alimentario.
-Infravalorar o custo de produción de alimentos propios ao non considerar os custos de oportunidade.
-O leite asume incorrectamente o beneficio ou a perda da actividade agraria do campo. Desde o seu punto de vista, “o campo a gran función que ten é a absorción do esterco da explotación”.
-Non sempre a produción propia é máis barata e económica. Hai que avaliar técnica e economicamente os produtos propios e os comprados, comparándoos para ver que é máis rendible.
-Os produtos húmidos non necesariamente son máis económicos.
-Valorar tamén o custo de alimentación dos animais improdutivos: recría e vacas secas, e que representan ao redor dun 15% do rabaño.
-Non reducir a calidade nin a cantidade de alimento se iso afecta á produción. Desde o punto de vista de Joaquim Baucells, “para reducir custos, o máis eficiente é aumentar a produción”.
-Estimar o cociente de produción e consumo: 1,3 a 1,8 litros por KG de MS
Potencial de redución dos custos de produción
Neste sentido, e partindo sempre dun modelo de explotación altamente intensivo, e que non sempre produce as súas propias forraxes, as áreas nas que máis se pode reducir custos de produción neste momento son:
Ola, boas noites como parte organizadora destas charlas gustaríame agradecervos este excepcional resumo da charla de Quim Baucells que poidemos escoitar o pasado 19 de abril en Ordes. Pero paréceme que ese mesmo recoñecemento merece a charla do outro poñente, Xan Pouliquen, que baseándose en reximes extensivos fixo un riguroso análise técnico-económico, no que describindo casos reais de Galicia, invitou a reflexionar sobre as realidades que cada un teña na súa explotación dende as máis intensivas as máis extensivas.
Bos días Aranza:
Decidimos publicar as dúas ponencias por separado, para amosar a reducción de custos en cada sistema produtivo. Por suposto que temos pensado publicalo, seguramente este venres. Deixamos pasar uns días entre unha e outra.
Saúdos: David
PD: Grazas a ti polo segumento da nosa web. Agradecémosche que nos suxiras temas que consideres de interse que tratemos.