Programa das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de SERAGRO 2023

Os días 16 e 17 de novembro será a vixésima edición do foro técnico anual de Seragro, que se desenvolverá na Facultade de Veterinaria de Lugo. Durante eses días, varios expertos tratarán temas de actualidade e de interese relacionados co sector. Ademais da intervención de técnicos de referencia, varios gandeiros participarán este ano ao final de cada un dos días tratando asuntos relevantes dende o seu punto de vista que afectan ao día a día dos produtores.

PROGRAMA DO XOVES

A xornada inaugurarase ás 10:30 horas e, a continuación, Juan Miguel Rodríguez, catedrático, será o primeiro relator destas xornadas. Durante a súa exposición, centrarase na microbiota mamaria da vaca. “A sala de espera desespera” é o título da seguinte charla, da man de Víctor Manuel Rodríguez, veterinario de Seragro.

Logo dunha pausa para o café, o encontro continuará coa intervención do enxeñeiro agrícola David Vilacoba, que afondará sobre o aumento do rendemento do millo. Xusto despois chega a quenda da enxeñeira agrónoma de Seragro Ana Rama que, pola súa parte, centrarase no aumento do rendemento da herba. A mañá finalizará con Diana Freijeiro, tamén enxeñeira agrónoma: a súa charla será sobre o caderno dixital e as novas restricións na xestión das explotacións.

Mónica Martínez, economista, será quen inicie a sesión da tarde cunha intervención sobre fiscalidade e negocios: como as decisións sociais e fiscais afecta ao teu negocio. Xusto despois, para poñer fin ás charlas do primeiro día, Pablo Suárez, da Sociedade Cooperativa Galega Grille; Marcos Alvite, de Granxa Pazos, e Jesús Pablo Blanco, de Granxa Xustás, comentarán como é o día a día en granxas con sistemas de monitorización. Xusto despois, o primeiro día rematará co tradicional encontro gandeiro.

CHARLAS DO VENRES

O enxeñeiro agrónomo Alberto Jurado iniciará a sesión do venres: “Por que o meu veciño produce máis ca min? Deseño e manexo de instalacións” é o título da súa exposición. A continuación, Marc Pineda, veterinario especialista en saúde podal, falará sobre o manexo e a mellora de instalacións enfocados á saúde podal.
Despois dunha breve pausa para o café, Aurora Villarroel, doutura veterinaria, centrarase en como utilizar de xeito práctico os datos que nos dan as tecnoloxías na granxa.

Na quenda da tarde serán os produtores Joan Viñolas, de Granja Más Bes, e Ángel Fernando San Juan, de Finca Prados Hondos, os que poñerán punto e final á nova edición das Xornadas de Seragro falando de xestión de persoal.

As XX Xornadas quedarán clausuradas co tradicional brinde do leite, da man do humorista, guionista e actor galego, Federico Pérez.

CARTEL_SERAGRO_2023 PROGRAMA SERAGRO 23 1 PROGRAMA SERAGRO 23 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información