Proecogal presentará a súa candidatura ao consello consultivo do Craega

Proecogal presentará a súa candidatura ao consello consultivo do Craega

O Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia, CRAEGA é unha entidade de carácter público e sen ánimo de lucro, é a autoridade de control de Galicia e a súa función principal é auditar e certificar os produtos agroalimentarios ecolóxicos na nosa comunidade autónoma, e debe renovar de forma periódica os seus órganos. Así, esta semana dende Proecogal decidiron dar un paso adiante e presentar o presidente e a secretaría da asociación como representantes dos operadores, xa que pensan que “a produción en ecolóxico é a mellor forma de producir, que é a máis acaída para as características do sector e do minifundio territorial galego”.

O consello Consultivo do Craega é un órgano executivo cuxas características e funcións defíneas no artigo 48 o propio regulamento do CRAEGA. Dende PROECOGAL recalcan que é necesario, como operadores, participar nos órganos para garantir a imparcialidade do Consello Regulador.

Como asociación de nova creación, aglutinan preto de medio cento de operadores e sumando, polo que cren, que sendo fieis aos seus obxectivos fundacionais, o consello consultivo é un instrumento onde teñen que estar presentes para dar voz aos intereses comúns do sector e representar a súa posición como operadores ante e dentro de calquera órgano que inflúa no desenvolvemento da acuicultura, agricultura e gandería ecolóxica.

Dende Proecogal comprométense a impulsar as funcións do comité consultivo sendo as seguintes:

a) Colaborar na formulación das políticas relacionadas coa imparcialidade das actividades de certificación.

b) Contrarrestar calquera tendencia por parte dos órganos do Craega a permitir que consideracións comerciais ou doutra índole interfiran na prestación sistematicamente obxectiva das actividades de certificación.

c) Aconsellar en aspectos que afecten a confianza na certificación, como a transparencia ou a percepción do público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información