A Cooperativa A Milpa do Salnés ofrece un curso de agricultura ecolóxica biointensiva entre os meses de maio e xuño.
O método biointensivo de cultivo de alimentos está orientado á produción de moitos alimentos en moi pouco espazo e con moi poucos recursos. Busca a eficiencia e resulta moi axeitado para a horta de pequena escala se se quere producir alimentos de maneira ecolóxica e sinxela. O obxectivo é aprender a cultivar os propios alimentos de cara a unha verdadeira autosuficiencia.
A Cooperativa A Milpa do Salnés introduciu este método en Galicia logo de vivir uns anos en América e levan sete anos poñéndoo en práctica en Galicia onde realizaron xa varias formacións.
Este curso será online na parte teórica e haberá práctica presencial. Impartirase os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio, despois serán os días 1 e 15 de xuño. Haberá descontos para desempregados, xubilados e membros dunha mesma familia.
As reservas faranse con anticipación e cun adianto do 50% do custe total do curso. Máis información neste enlace.