A Asociación Raíña organiza un curso de agricultura ecolóxica no concello coruñés de Vilasantar para persoas en situación de desemprego, unha formación que se enmarca dentro dun itinerario personalizado de inclusión.
A formación impartirase na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar os luns e mércores de 10 a 13 horas. Empeza o 17 de abril e remata o 30 de setembro.
O curso é de balde e dende a asociación recollen a aquelas persoas que non teñan posibilidade de desprazamento no seu domicilio.
Máis información:
693.747.500
asociacionraina@gmail.com