Os prezos do gando que concurriu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio subiron 0,05 euros, os das canles de vacún maior das clases O e P. Porén, apréciase unha lixeira tendencia á baixa nos prexos do vacún para recría da raza de cruce industrial color.
En canto á asistencia de gando, na sesión de hoxe pasaron polo recinto 2.402 reses, 722 máis que á do 24 de abril, data anterior ao festivo do 1 de maio, que, aínda que se celebrou poxa, non son prezos representativos. En detalle, asistiron 2.146 cabezas de vacún menor (687 máis que na sesión anterior); 86 de vacún mediano (+26) e 170 de vacún grande (+9).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (08-V-2024).