Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,02 euros para todas as categorías e calidades desta carne.
Mentres, no Mercado de Amio, este mércores houbo unha gran afluencia de animais, logo de que a semana pasada apenas concorrera gando ó coincidir coa celebración de Todos os Santos. Hoxe contabilizáronse 2.577 animais, o que supón 1.018 máis que a semana pasada.
En concreto, houbo 2.251 cabezas de vacún menor (942 máis), 129 de vacún mediano (25 reses máis) e 197 de vacún maior (51 máis).
En canto ós prezos, houbo unha baixada de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no vacún maior das clasificacións O e P.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (8-XI-2023).