Prezo medio de 2330 euros na poxa de Rubia Galega en Seane do Courel

ACRUGA 24 SEOANE COUREL 2A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, celebrou esta mañá a poxa de tres xovencas preñadas na localidade de Seoane do Courel, dentro dos actos da cuarta edición da feira de gando.

O primeiro dos exemplares adxudicouse en 2.400 euros, mentres que as outras dúas xovencas vendéronse en 2.300 euros. Estes animais irán parar a explotacións de Sarria, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

As seguintes poxas nas que está a traballar esta asociación levarán máis touras a Cervantes, o próximo 11 de maio, e en Sarria, o día 12 do mesmo mes.

ACRUGA 24 SEOANE COUREL 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información