Prácticas remuneradas en xerencia de cooperativas

O programa de ‘Apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias’ ofrece formación teórica e 6 meses de prácticas remuneradas a persoas con formación académica en situación de desemprego

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias lanza unha nova edición do programa formativo de ‘Apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias’. Comeza cun curso teórico logo do cal, participantes seleccionados comezarán unha estadía de 6 meses de prácticas nunha cooperativa agroalimentaria.

O programa está aberto tanto a cooperativas que desexen profesionalizar a súa xerencia como a persoas con titulacións de grao medio ou superior, preferentemente en situación de desemprego, que desexen mellorar as súas habilidades xerenciais. Non ten custo para as entidades receptoras e o alumnado en prácticas recibirá unha axuda mensual de 775 euros, cantidade á que se descontarán impostos.

O proceso de selección producirase entre xaneiro e febreiro de 2022. As persoas interesadas en tomar parte no programa formativo e as cooperativas interesadas en recibir alumnado en prácticas poden descargar a documentación necesaria en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83.

A iniciativa forma parte do proxecto ‘Formación’ para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social. Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información