Sexto día de mobilizacións dos gandeiros galegos ante as grandes cadeas de distribución en demanda de prezos para o leite en orixe que cubran os custos de produción.
A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, organizadora das mobilizacións, acusa a Alcampo, Carrefour, Lidl, DIA e Eroski de impedir que suban os prezos do leite aos gandeiros, que en Galicia están nunha media de 27 céntimos por litro. Tamén critican a estas cadeas comerciais por aplicar subas no prezo do leite ao consumidor que sen embargo non lle trasladan ao gandeiro.
Hoxe bloquearon o Eroski de Sarria e entregaron leite ao Banco de Alimentos
E a protesta vai, de momento, a máis. A media mañá de hoxe uns 50 gandeiros protestaron ante o Eroski de Sarria. Os manifestantes levaron ao centro comercial uns 15 tractores e mercaron no supermercado leite de primeiras marcas que mellor prezo lle pagan aos gandeiros. A continuación doaron a compra ao Banco de Alimentos de Sarria. Pola tarde teñen previsto facer un reparto informativo na vila para concienciar aos consumidores e pedir o seu apoio.
Esta tarde os gandeiros bloquearon un Lidl na Coruña
Mentres tanto, segue dende onte en Lalín o bloqueo aos supermercados Eroski e Lild. Na Coruña os gandeiros manteñen por sexto día consecutivo o bloqueo ao Alcampo de Palavea e ao Carrefour de Alfonso Molina. E hoxe pola tarde bloquearon cos seus tractores o Lidl do polígono da Grela.
s.