A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ofrece dous obradoiros dentro das Xornadas de Formación para Oportunidades de Negocio.
O primeiro obradoiro será o día 29 de febreiro e tratará sobre a extracción de resina de piñeiro como oportunidade de negocio. Este curso impartirase en modalidade online, a inscrición será gratuíta e pode facerse mediante este enlace.
A formación inclúe tanto a explicación de aspectos técnicos como o mercado e as maneiras de comercializar o produto. Como reforzo desta formación, contarase co testemuño da comunidade de montes de Baroña onde se están facendo traballos de extracción.
Aquí pódese consultar o programa do obradoiro de extracción de resina.
O segundo obradoiro será o día 1 de marzo e impartirase en modalidade presencial. Será no Hotel Oca Puerta del Camino en Santiago de Compostela. Estará focalizado no cultivo de oliveiras e a súa explotación. A inscrición tamén será gratuíta a través deste formulario.
A xornada contará cunha presentación de Oligalicia: Grupo Operativo da Oliveira en Galicia. Tamén falarán sobre a recuperación de variedades de oliveira en España. Haberá palestras con especialistas e profesionais do sector como Centro Tecnolóxico da Carne e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, produtores como a cooperativa Proligal ou empresas como Ouro de Quiroga, CentoXCento e Aceites Abril. O programa pode consultarse neste enlace.