Obradoiro sobre motivación, redes e comunicación

A actividade, organizada por Agaca, vai dirixida a mulleres e pódese seguir de xeito online

Obradoiro sobre motivación, redes e comunicación

Actividade anterior de Agaca. / Arquivo.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) continúa este 2021 as accións encamiñadas ao empoderamiento da muller cun taller gratuíto de catro sesións, que se celebrará online en horario de 10:00 a 14:00h.

A primeira sesión, o 6 de outubro, céntrase no cooperativismo e en Nós, As mulleres, a Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.

A sesión do día 13 abordará cuestións relacionadas con Comunicación, tema que continúa na sesión do día 20, que se centrará en manexo básico de redes sociais. Pablo López, da consultoría Implicatum, falará sobre comunicación e Daniel Diéguez, da cooperativa Apoio, sobre redes sociais.

O taller conclúe o 27 de outubro coa temática da automotivación, que se desenvolverá mediante unha sesión de risoterapia a cargo de Irene Megina, da Escola de Risoterapia de Madrid.
As persoas interesadas poden matricularse en www.agaca.coop ou, para máis información, chamar ao 981 58 47 83.

Agaca organiza o taller ‘Empoderamento das mulleres socias de cooperativas’, que se enmarca no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información