A produción madeireira pode xerar valores engadidos até o momento pouco ou nada apreciados. Un deles é a absorción do CO2, axudando así á mitigación do cambio climático. É por iso que a investigación sobre todas as posibilidades que ofrece a madeira convértese en necesaria para a maior rendibilidade das masas forestais.
O proxecto BiomáisCO2, que impulsa desde o ano 2022 o Grupo Operativo formado por Asefor, Bioeco2, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, Ramón Lourido e a Universidade de Santiago de Compostela, avanza nesa liña. Durante estes meses, traballouse na metodoloxía de estimación das absorcións de carbono nas masas forestais de cinco especies forestais de interese en Galicia: Pinus pinaster, Pinus radiata, Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens e Quercus robur.
Esta metodoloxía cuantifica o carbono almacenado nas árbores en pé e no chan, as emisións deducidas pola diminución do risco de incendios, o carbono almacenado nos produtos obtidos, así como a mitigación polo uso da madeira en lugar doutros produtos con máis pegada de carbono.
El objetivo es ofrecer nuevas posibilidades para la comercialización del carbono almacenado en las masas forestales, si bien es preciso esperar a que evolucione la normativa en la materia, pues actualmente sólo se puede comercializar el carbono de montes que hayan sufrido un incendio o de aquellos que se planten y que previamente estuviesen desarbolados desde 1989.
Para iso, realízanse unha serie de cálculos previos (Ex Ante) e unha validación posterior efectuada cada 5 anos sobre o terreo (Ex post), coincidente coa periodicidade na presentación de información sobre o estado dos proxectos de absorción segundo a metodoloxía do Ministerio de Transición Ecolóxica (MITECO), para comprobar os valores e reaxustar as previsións Ex Ante. Todos os algoritmos e ecuacións de cálculo empregadas nesta metodoloxía extraéronse do modelo CO2FIX e adaptáronse ás especies e ás condicións bioclimáticas de Galicia.
Para o procesado e realización dos cálculos utilizaranse os datos achegados polo xestor da masa e as predicións desenvolvidas polos modelos da Universidade, a través dunha API. Esta permite o uso de funcións para estimar o volume, a biomasa e o contido en carbono dos bosques regulares obxecto do proxecto, así como realizar unha avaliación económica dos programas de xestión silvícola.
Proxecto BiomáisCO2
O proxecto BiomáisCO2 pretende promover uns montes con vexetación sa, diversos e resistentes, a través dunha xestión forestal sostible e a obtención de produtos de longa duración que fomenten a absorción de CO2.
Preténdese mostrar a posibilidade do cálculo e compensación de carbono das actividades relacionadas coa xestión forestal, así como da madeira que chega ao seu destino na entrada en fábrica. A través da compensación con proxectos de sumidoiros, obterase unha fonte de ingresos na xestión das masas forestais que achegan recursos á contorna rural. O proxecto conta co financiamento da Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e o Ministerio de Agricultura.