O Goberno mellora a fiscalidade para as axudas de incorporación de mozos á agricultura

O Boletín Oficial do Estado publicaba este mércores a “Lei 8/2020, de 16 de decembro, pola que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de agricultura e alimentación”, entre as que se inclúe unha mellora na fiscalidade das axudas de incorporación dos mozos á agricultura.

En concreto, a partir de agora as axudas -que poden oscilar entre os 20.000 e os 40.000 euros, dependendo da Comunidade e do tipo de incorporación- poderán imputarse no Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas, dividido en cuartas partes, no período impositivo no que se obteñan e nos tres seguintes.

Ademais, nos casos de mozos que se incorporan como membros dunha empresa agrícola societaria -SAT, SC, SL-, a axuda para a primeira instalación dentro que se destine á adquisición da parte de capital correspondente, considérase ganancia patrimonial e, como novidade, poderá imputarse, igualmente, no período impositivo en que se obteña e no tres seguintes dividido en cuartas partes.

Até agora, ao considerar a Axencia Tributaria, que estas axudas eran subvencións de capital, os beneficiarios tiñan que sufragar a totalidade do imposto na súa totalidade no primeiro exercicio, un enorme desembolso tendo en conta que para unha axuda de instalación de 24.000 euros hai que pagar uns 6000 euros en impostos, dándose incluso a contradición de que os beneficiarios tiñan que pagar sen percibir nalgúns casos a axuda.

Ligazón ao cambio normativo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información