Na área de Servizos Agrarios de Lugo están a realizarse reunións cos titulares de subvencións para informar respecto a a presentación de solicitudes de pago de expedientes de axuda para explotacións agrarias e incorporación de mozas pertencientes aos períodos 2022 e 2023, na súa fase de certificación dos investimentos e compromisos previstos.
Así, realizouse unha primeira reunión no Edificio Administrativo de Lugo, o día 21 de marzo e posteriormente na Casa de Cultura de Sarria, o día 17 de Abril e para o día 24 de Abril, está prevista unha reunión na Sala da Oficina Rural de Castroverde, ás 12 da mañá.
O obxectivo das charlas é informar e lembrar os prazos de certificación, posibles prórrogas de execución, documentación a presentar, formalidade de facturación, baremo de puntuación que afecta os expedientes, e así evitar posibles incumprimentos que teñan como consecuencia o decaemento total ou parcial do dereito para cobrar a axuda.
Recoméndase que ante a dúbida, pasen a consultar con suficiente antelación a evolución da execución dos expedientes, nas Oficinas Rurais dependentes da Consellería do Medio Rural.