O GDR Terras de Compostela e AGACAL organizan o vindeiro luns unha xornada sobre artesanía alimentaria

O evento, organizado por Terras de Compostela e AGACAL, enfocarase na promoción das pequenas producións locais

O GDR Terras de Compostela e AGACAL organizan o vindeiro luns unha xornada sobre artesanía alimentaria

O Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Terras de Compostela, liderado por Mª. Guarina Rey Vázquez, concelleira de Brión, en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), está a preparar unha xornada de divulgación para realzar o valor dos produtos alimentarios artesanais a través do selo de calidade diferenciada ‘Artesanía Alimentaria‘.

Esta actividade de elaboración e transformación de alimentos está regulada para asegurar un proceso produtivo respectuoso co ambiente e ofrecer ao consumidor un produto final de calidade, seguro e con trazos distintivos, que son posibles grazas ás pequenas producións manuais.

A normativa que rexe a ‘Artesanía Alimentaria‘ está definida polo decreto 174/2019, que busca recoñecer e promover os valores económicos, culturais e sociais asociados a esta artesanía. Entre os obxectivos destacan: impulsar as pequenas producións e as elaboracións tradicionais, facilitar a diversificación económica das explotacións agrarias, fomentar métodos tradicionais de elaboración, potenciar canles de comercialización directa e promover a visibilidade e participación activa das mulleres no sector.

A xornada terá lugar o vindeiro luns 13 de maio ás 11:00 horas no Pazo de Quián en Sergude-Boqueixón. Está dirixida a pequenos produtores e tratará temas como a calidade diferenciada, as condicións xerais para a produción de alimentos artesanais, a regulación da actividade, as normas técnicas e un catálogo de empresas e produtos que forman parte da ‘Artesanía Alimentaria‘.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información