A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Recadación de 4.000 Kg de comida para os Bancos de Alimentos no torneo solidario de pádel de Ucoga

Recadación de 4.000 Kg de comida para os Bancos de Alimentos no torneo solidario de pádel de Ucoga

O II Torneo Solidario de Pádel organizado por Ucoga contou un amplo número de parellas competidoras representantes do sector das corredurías. O encontro celebrouse o pasado 26 de outubro coa finalidade de recadar fondos para Banco de Alimentos Rías Altas.

Nesta segunda edición, competiron un total de doce parellas (dúas máis que o ano pasado), entre as que participaron dez compañías aseguradoras: Allianz, Mapfre, FiatC, Pelayo, Sanitas, Caser, AXA, Generali, Surne e Reale; Participou tamén a parella de Ebroker, unha compañía especializada en software para o sector asegurador; e como non podía faltar, unha parella representando á correduría Ucoga.

O formato consistiu nun todos contra todos do que, nunha segunda fase, definiríanse os tres grupos, Ouro, Prata e Bronce. A xornada resultou moi intensa e apaixonante. Todas as compañías puxeron o seu máximo empeño por conseguir a vitoria do torneo, gozando ao mesmo tempo dun ambiente agradable entre amigos. Finalmente, a parella da compañía Pelayo impúxose na categoría de Grupo Ouro e por tanto alzáronse como Campións da Segunda edición do torneo de pádel solidario Ucoga. A compañía Caser impúxose no grupo Prata e Ebroker conseguiu o triunfo no grupo bronce. Por segundo ano consecutivo, Ucoga fíxose co posto de 4º clasificado no grupo ouro.

Desde a organización de Ucoga, destacan a ilusión e o agarimo coa que todos os participantes recibiron o evento. Unha agradable xornada entre compañeiros de profesión, cunha finalidade humanitaria. Parece que o Torneo de Pádel Solidario Ucoga está a asentarse como un clásico na axenda das compañías.

A recadación foi todo un éxito. Con este evento, e co apoio todos os asistentes, conseguiuse achegar ao Banco de Alimentos Rías Altas case 4.000 kg de comida. “Todo o equipo de Ucoga agradece o apoio recibido polas compañías, sen o seu esforzo e confianza non o conseguiriamos. Esperamos poder celebrar este evento e seguir superándonos cada ano.” cita Iván Novo, director xeral da correduría galega.

Ucoga triunfa nos Premios de Marketing e Comunicación no Sector Asegurador (MCSA)

Por outra parte, o pasado 19 de outubro celebrouse en Madrid a 13ª edición da gala de Premios de Marketing e Comunicación no Sector Asegurador (MCSA), organizados por INESE e MKsite. A correduría de Seguros galega UCOGA, fíxose co premio á “Mellor campaña dirixida ao cliente”, disputando o recoñecemento entre os outros dous finalistas: Zrich e Preventiva.

Estes galardóns buscan o recoñecemento ás campañas máis destacadas do último ano no sector Seguros. Non se trata soamente de premiar a creatividade, téñense en conta outros aspectos como que se alcanzaron os obxectivos, a notoriedade, a innovación e a capacidade de transmitir ao público das campañas presentadas.

Este ano presentáronse un total de 46 campañas de 33 compañías diferentes. A maior parte da participación vén de man das grandes Compañías Aseguradoras. Proxectáronse campañas dun altísimo nivel e o xurado tívoo especialmente difícil nesta edición.

Para Ucoga, este premio ten especial relevancia e por iso o recolleron con moita ilusión xa que foi o froito dun gran esforzo por parte de todo o seu equipo. Ver a Ucoga compartir podio con compañías de tan alto nivel “énchenos de orgullo e indícanos que imos polo bo camiño”, declara Iván Novo, Director Xeral da compañía. Pola súa banda, Ucoga envía un especial agradecemento a toda a organización do evento e dá o seu parabén a todas as compañías nomeadas.

Entrega premio a Ucoga

Ucoga Asesores S.L

Ucoga é a correduría de seguros líder en Galicia. Especialistas en seguros para o sector agroalimentario e de transportes.

Ucoga nace en xaneiro de 2013 para consolidarse como un referente no sector de seguros en Galicia, como consecuencia da inquietude de diferentes Cooperativas agroalimentarias por cubrir as súas necesidades aseguradoras cun servizo personalizado de calidade, profesional e a prezos competitivos.

Na actualidade conta con 6 puntos de atención ao público, e continúa co seu crecemento seguindo o seu plan de expansión. Podes atopar todas as notas de prensa de Ucoga en https://ucoga.es/mundo-ucoga/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *