A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nutrición sustentable en viticultura: O papel fundamental do solo na calidade do viño

Publicidade
Nutrición sustentable en viticultura: O papel fundamental do solo na calidade do viño

O mantemento dun solo san e vivo é fundamental tanto para un correcto desenvolvemento vexetativo da vide como para obter viños de calidade. O solo achega múltiples recursos á planta e cada un deles está presente en diferentes proporcións e formas. Estes recursos repercuten de diversa maneira no desenvolvemento das plantas e nas características organolépticas dos mostos obtidos delas.

A terra é a base de todo, pero para conseguir a expresión dun particular terroir é necesario ter en conta, ademais, outra serie de factores, tanto naturais como humanos. 

En certos países, con tradición vitivinícola ancestral, o solo ten unha importancia fundamental para os viticultores, mesmo clasifican os seus viños en función da parcela. Na actualidade os elaboradores até o momento céntranse máis nas técnicas de elaboración ou na mestura de variedades. Pór máxima atención ao chan é unha tendencia lóxica para asegurar unha colleita de calidade. Para iso é clave o uso de produtos de máxima calidade e eficacia contrastada, como YaraRega, YaraTera e YaraVita.

Que factores da terra afectan as propiedades organolépticas do viño?

Ademais da composición dos solos segundo a cantidade de area, arxila, limo, etc… presentes, é posible detallar elementos que afectan o resultado final do viño obtido. Por outra banda, moitos deses “elementos” poden verse modificados pola acción do viticultor, como pode ocorrer coas reservas de auga (a través da fertirrigación) ou o uso de produtos nutricionais que modifican a composición do solo.

Todos os estudos están de acordo en afirmar que canto máis san estea a terra, máis equilibrada estará a vide. Nutrir o solo con produtos de máxima calidade é unha das claves para logralo

De entre os principios agronómicos, debemos pór especial atención a que a dispoñibilidade de nutrientes á que se expoñen os nosos viñedos depende dunha serie de factores; entre os que se inclúen, a concentración de nutrientes e a proporción dos mesmos no solo; a profundidade de enraizamiento; a subministración de auga e o uso de cultivos de cobertura, acolchados ou outras técnicas de cultivo.

O pH da terra é un factor esencial, aínda que as viñas poden tolerar un rango de pH de entre 4,5 e 8,5. Por iso, en Delagro, contamos a liña Arvum, con produtos específicos como a calcaria granulada Calground, de alta solubilidade. O pH do solo afectará á dispoñibilidade de nutrientes para as vides, xerando nelas situacións de estrés innecesarias.

DELAGRO VIÑEDO 1

Como inflúe o solo e a nutrición no rendemento e a calidade do viño?

As viñas medran nunha ampla gama de pH do solo, pero os valores extremos farán que moitos nutrientes non estean dispoñibles para ser aproveitados polas vides, limitando así o rendemento.

A produción óptima programada obtense tendo en conta diversos aspectos:

O nitróxeno é un dos elementos máis importantes para a produción dos cultivos. Promove un crecemento forte ao comezo e o peso dos acios e das uvas. Porén, unha elevada dispoñibilidade de nitróxeno nas fases máis avanzadas do desenvolvemento da viña pode atrasar a maduración e incrementar os riscos de enfermidades da uva preto da vendima.

O potasio tamén é necesario en grandes cantidades, con frecuencia a maiores doses que o nitróxeno en uva de vinificación. O potasio é especialmente importante durante o desenvolvemento da uva pero, igual que sucede co nitróxeno, a súa dispoñibilidade debe ser máis limitada na maduración. Os niveis de aplicación deben axustarse en función da dispoñibilidade de potasio do solo.

O calcio, ademais de ser importante para o rendemento tamén é un elemento crítico para unha serie de factores relacionados coa resistencia da pel da uva, así como a tolerancia ás enfermidades e a redución da incidencia da podremia da uva. Baixos niveis de calcio poden aumentar a caída de froitos.

O magnesio é necesario para o mantemento da fotosíntese e a síntese das proteínas, imprescindibles para obter rendementos elevados.

Entre os micronutrientes, o boro e o zinc son os máis importantes para o callado da viña e para o rendemento final e deben estar presentes en maiores cantidades que outros microelementos.

O ferro é importante para a produción inicial de follas que asegure o mellor desenvolvemento dos bagos e unha boa produción e o Manganeso pode desempeñar un papel similar.

Aspectos a ter en conta na calidade da uva

A calidade da uva depende de aspectos como, o tamaño do bago, o azucre, a acidez total e o pH do viño, entre outros. Desta forma, vemos que un solo ben equilibrado é clave para obter unha uva de calidade.

En canto ao tamaño da uva, o nitróxeno e en menor medida o potasio afectan directamente ao aumento de tamaño do gran. O tamaño do bago é importante para a calidade do viño. O boro tamén inflúe sobre o tamaño da uva.

Fixándose no azucre, o exceso de nitróxeno e de potasio pode favorecer o crecemento e reforzar o contido de azucre da uva; o boro novamente presenta un efecto positivo sobre o contido de TSS.

A acidez total, parámetro importante a ter en conta, alcanza o seu nivel máximo no envero. Despois desta fase, o ácido málico transfórmase en azucres. Por tanto, é importante conseguir un equilibrio adecuado entre a concentración de ácidos e a acumulación de azucre. A nutrición xoga de novo un papel esencial, o potasio ten un marcado efecto sobre a acidez total, contribuíndo a neutralizar os ácidos e controlando a acidez do zume da uva. As viñas cun crecemento vigoroso debido a un exceso de nitróxeno terán niveis de acidez máis altos. O zinc tamén pode ter un efecto similar sobre a acidez.

Finalmente, o pH do viño, existe unha forte relación entre o potasio e o pH. Demasiado potasio ten como resultado uns viños de pH elevado e dunha calidade pobre. Á súa vez, demasiado nitróxeno dispoñible nun momento inadecuado pode xerar un crecemento forte da vexetación aumentando o sombreado e incrementando o pH.

Plan de nutrición sustentable para viñedo

Arvum e Yara traballaron nun plan de nutrición sustentable que garanta as necesidades da planta no momento necesario tendo en conta en balance de nutrientes no trinomio planta-solo-clima (as extraccións de nutrientes pasan a ter un papel importante na nova lexislación aplicable).

Nel contémplanse as necesidades de absorción da planta durante todo o seu ciclo vexetativo.

DELAGRO VIÑEDO 2

A modo de resumo nutricional, podemos dicir que:

Pode aplicarse nitróxeno foliar despois da floración onde sexa necesario nitróxeno adicional durante a fase de crecemento.

O potasio é importante para o desenvolvemento do tamaño da uva e para o rendemento. Normalmente necesítase en maiores cantidades que o nitróxeno e con frecuencia aplícase nos mesmos momentos. A extracción de potasio pola uva tamén é maior que a de case todos os demais elementos.

Nas tempadas de crecemento secas, así como nos meses de verán, é posible que o potasio non estea facilmente dispoñible para as viñas, polo que as aplicacións foliares, especialmente ao redor do envero, poderían ser necesarias cando os niveis de potasio do chan son baixos.

A nutrición equilibrada forma parte do futuro inmediato, e aínda que existe un certo debate no relativo aos requirimentos precisos dos nutrientes individualmente, non existe ningunha dúbida sobre a importancia do equilibrio correcto de todos a macro e micro nutrientes. O potasio e o magnesio son un exemplo diso, xa que se existe un desequilibrio entre eles tanto o rendemento como a calidade do viño resentiranse.

Determinando as necesidades de nutrientes

As análises do solo poden utilizarse para avaliar o pH, o contido de materia orgánica e a capacidade de intercambio de catiónico (CIC), información que indica a dispoñibilidade de nutrientes e as características do solo no relativo á retención dos elementos nutritivos. Utilízanse para avaliar os niveis de potasio e fósforo do terreo e tamén proporcionan unha indicación de posibles desequilibrios catiónicos, por exemplo as relacións Potasio (K): Calcio (Ca): Magnesio (Mg).

As necesidades de caliza, como Calground, moi importantes pois representan o inicio do equilibrio do chan, poden definirse a partir das análises do solo en chans de baixo pH.

Porén, cabe resaltar que as análises do solo, non son un bo indicador das necesidades de nitróxeno. A análise de planta proporciona unha avaliación máis precisa e inmediata do estado nutricional das viñas en momentos clave para a planta. Confirmará a existencia de deficiencias ocultas cando aínda non son visibles os síntomas na planta e permitirá identificar con precisión o equilibrio entre os elementos necesarios. Para a comprobación do estado nutricional da viña, algúns países utilizan a folla completa (método francés), mentres que noutros só se utiliza o peciolo (método californiano) ou só o limbo (método surafricano).

En MEGALAB de YARA, recoméndase efectuar as análises na fase do envero ou ao final da floración. Algúns sistemas suxiren a mostraxe en ambas as fases. Son necesarias polo menos 30 mostras de follas/peciolos próximos ao acio. Ambas as análises son necesarias e complementarias para facer unha nutrición sustentable.

Estratexias de aplicación

Os fertilizantes aplícanse normalmente de varias formas diferentes e utilizando diversos métodos en función das necesidades específicas do cultivo:

-Os fertilizantes de aplicación directa ao solo: Utilízanse doses de nutrientes máis elevadas pola menor eficiencia do abonado e a retención no solo; pero extremadamente necesarios dunha forma razoada para sentar a base de todo cultivo.

DELAGRO VIÑEDO BANNER

-A fertirrigación, proporciona nutrientes mediante o sistema de rega, administra os nutrientes directamente na zona de actividade radicular, de maneira que se obtén a máxima eficiencia dos mesmos. Os sistemas de rega de baixo volume, por exemplo o micro-aspersores, o micro-nebulizadores e os sistemas por goteo, proporcionan unha zona limitada de chan húmido na que as raíces poden prosperar.

A fertirrigación nesta zona asegura unha maior uniformidade da aplicación para todas as viñas, administrando o fertilizante no momento adecuado para que a absorción dos nutrientes sexa máxima.

Desta forma, a fertirrigación, utilizando doses baixas axustadas ás necesidades de cada etapa do crecemento, pode axudar a resolver o conflito aparente entre os altos niveis de nitróxeno e potasio necesarios para o rendemento e a preferencia das adegas por uns niveis baixos de nitróxeno e potasio na uva e no mosto.

-A aplicación foliar utilízase para superar unha necesidade nutricional inmediata e puntual, non se pode alimentar unha planta en base a aplicacións foliares. Cando as condicións do solo limitan a dispoñibilidade de nutrientes específicos recórrese a este método de aplicación.

A combinación de todas as formas de aplicación, segundo necesidades, achega a solución completa a un viñedo para obter colleitas rendibles e de calidade. O uso de produtos eficientes e de contrastada calidade como os ofrecido por Arvum, como distribuidor oficial de Yara, poden marcar a diferenza entre unha boa e unha mala colleita.

Fontes: Yara/MAPAMA

Máis información: 981 519 920 info@arvum.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información