Novo presidente da D.O. Valdeorras

O concelleiro independente e excalcalde de A Rúa, José Vicente Solarat, foi elixido pola maioría do pleno do Consello Regulador trala marcha de José Luis García Pando.

Publicidade
Novo presidente da D.O. Valdeorras

José Vicente Solarat. Autor: La Región

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o nomeamento de José Vicente Solarat López como novo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en substitución de José Luis García Pando que abandonou o cargo ao non contar co apoio da maioría dos membros do pleno.

Solarat é concelleiro independente e excalde de A Rúa polo Partido Popular. O pasado día 11 foi designado polo Pleno do Consello Regulador, respaldado por 8 dos 9 vocais (os sindicatos UU.AA e XX.AA, os representantes das adegas e das embotelladoras e as cooperativas de O Barco, A Rúa e Larouco), mentres que o representante do SLG abstívose.

Durante o mandato de José Luis García Pando, o consello regulador da Denominación de Orixe Valdeorras atravesou unha crise interna pola oposición de cooperativas a sindicatos á súa intención de facer cumprir o regulamento interno da DO en canto a rendementos máximos. A falta de apoios no pleno do Consello Regulador para expedientar a 178 viticultores que se excederan o cupo na pasada vendima forzou a marcha de García Pando a comezos de febreiro.

Neste sentido, o novo presidente da DO Valdeorras adiantou ao xornal La Región que os seus dous obxectivos prioritarios serán “o cumprimento das normativas administrativas e o impulso da calidade dos viños”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información