Nova edición dos ‘Meeting Point Lignum, Encontros Online de Innovación en Madeira’

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) organiza para os próximos días 26 e 27 de abril a XII xornada destes encontros en liña coa intervención de diferentes poñentes do sector da arquitectura e o deseño

Nova edición dos ‘Meeting Point Lignum, Encontros Online de Innovación en Madeira’

Esta XII edición dos encontros terá lugar entre os días 26 e 27 deste mes de xeito telemático. // Fonte: Imaxe de Arquivo

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) celebra os próximos días 26 e 27 de abril a XII edición de ‘Meeting Point Lignum, Encontros Online de Innovación en Madeira’, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica. Contaranse con dúas conexións ao día: ás 12:00 e ás 16:00 horas, a través da plataforma meetingpointlignum.com.

Nestes encontros participarán destacados profesionais da arquitectura, que tratarán de pór o foco na conciencia real dos beneficios da madeira na contorna que se habita. Estas charlas quedarán arquivadas neste mesmo espazo e na canle de Youtube do CMD, para poder ser consultadas posteriormente á celebración. A edición deste ano está patrocinada por HOMAG,  Laminados Villapol, Molduras do Noroeste, Senssia, Grupo Siero e Wood is Wood.

Con máis de 29.000 seguidores, esta cita situouse ao longo destes once anos nun punto de encontro para arquitectos, deseñadores e empresas do sector, contando cun arquivo audiovisual de 44 relatorios didácticos de prescriptores de referencia a nivel nacional, que se poden consultar na canle de Youtube do CMD.

Programa:

Mércores, 26 de abril
– 12:00h María Fandiño
– 16:00h Celestino Feijoo, técnico municipal do concello de Allariz

Xoves, 27 de abril
– 12:00h Müller. Feijoo arquitectos
– 16:00h Buo Estudio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información