A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, reuniuse recentemente co comité de empresa de Madera Fiber (O Porriño, Pontevedra) para continuar traballando e colaborando na busca dun investidor. O obxectivo é atopar alternativas industriais viables que manteñan tanto a actividade como o emprego.
A conselleira avanzou o contido dun informe independente que propón vincular o futuro de Madera Fiber a tres sectores: o do moble, o da automoción e o funerario. Paralelamente, a Consellería de Economía está colaborando coa de Emprego en posibles liñas de formación dirixidas ao persoal traballador para que poidan mellorar a súa cualificación profesional ante un eventual cambio de sector da empresa, que estaba especializada ata o de agora no sector da automoción.
Finalmente, a conselleira tamén se comprometeu a realizar un seguemento periódico da situación e, deste xeito, manteranse reunións cada tres ou catro semanas para poder analizar calquera novidade que se poida producir e co fin de garantir un diálogo aberto e permanente.