As últimas probas avaliadas pola Confederación Nacional de Frisoa Española (CONAFE), concretamente as correspondentes ao mes de xaneiro, viñeron ha demostrar que as mellores xovencas de España –animais con menos de 18 meses de vida- están explotacións galegas, segundo os seus índices xenómicos.
O responsable de xenética da empresa pública Xenética Fontao, Mauricio de los Santos, explicou que as dez mellores xovencas da lista de CONAFE por xenómica están en explotacións galegas.
“Son animais, precisou, que se atopan na mellor idade para comezar a traballar con eles, porque poden aportar moito desde o punto de vista da selección xenética””.
Aínda que hai dúas xovencas nesa lista que foron importadas directamente polos seus propietarios, o responsable de xenética da empresa pública, recordou que “máis ou menos a metade deses animais son produto, dun xeito ou doutro, do traballo que se vén desenvolvendo en Xenética Fontao”.
Podes ver aquí o Catálogo Mellores Tenreiras Xenómicas Xaneiro 2015.