Medio Rural recorda que está prohibida a venda de pataca a granel nos 31 concellos infestados pola couza

Medio Rural recorda que está prohibida a venda de pataca a granel nos 31 concellos infestados pola couza

Belén do Campo na reunión con representantes da distribución

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse este luns coas principais asociacións da distribución para recordarlles que está prohibida a venda de pataca a granel nos 31 concellos infestados pola praga da couza guatemalteca.

Nesta xuntanza de traballo, onde estiveron representantes da Asociación Nacional Grandes de Empresas de Distribución (Anged), da Asociación de Supermercados de Galicia (Asuga) e da Asociación de Cadenas Españolas de Supermercados (ACES), a directora xeral explicoulles que os tubérculos deberán ir preparados e envasados para o consumidor final e insistiu en que as patacas non poden saír da área demarcada, unha vez fosen almacenadas en instalacións localizadas neste entorno.

Belén do Campo, que lles agradeceu a colaboración aos presentes, trasladoulles que a normativa estatal e a autonómica establecen restricións e controis de movementos de pataca dentro dos concellos afectados, onde está totalmente prohibido o tránsito de tubérculos, salvo que se realice baixo seguimento oficial como traslado aos vertedoiros autorizados. Neste senso, recordou que se deben deseñar rutas de repartición alternativas co obxectivo de que as últimas descargas se realicen nos almacéns e establecementos dentro das zonas afectadas, para que cando o vehículo empregado saia sexa baleiro e evite así a expansión da praga.

Estas reunións teñen como obxectivo coordinar todos os elos da cadea alimentaria, empezando por produtores e almacenistas e rematando co sector da distribución, para evitar a expansión da couza da pataca e erradicala dos concellos infestados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información