Incremento do 5% na contratación de seguros agrarios e gandeiros en 2020

Incremento do 5% na contratación de seguros agrarios e gandeiros en 2020

A contratación de seguros agrarios experimentou unha evolución moi positiva ao longo do ano 2020, tanto desde o punto de vista das pólizas contratadas, como da superficie, produción e capital asegurados. As pólizas ascenderon a 416.000, un 5 % máis que o exercicio anterior, mentres que a superficie asegurada acadou os 7,8 millóns de hectáreas, un 23 % máis.

Así consta nos datos publicados pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA), organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Por sectores, destacan os incrementos que experimentaron o sector dos cítricos (8 %), e, sobre todo, os cultivos de herbáceos extensivos. En volume, a produción asegurada chegou aos 41 millóns de toneladas, que supoñen un 7 % máis que en 2019. E o capital asegurado marcou un novo récord, ao superar os 15.200 millóns de euros, case 1.000 millóns máis que o ano anterior, que supoñen un incremento do 7 %.

Outras magnitudes do seguro mantivéronse nos mesmos parámetros do ano anterior. Así, o custo global dos seguros foi de 794,5 millóns de euros que supoñen apenas un 1% de incremento (783,4 en 2019).

As subvencións do Ministerio situáronse ao redor dos 237 millóns de euros (239 en 2019) e as indemnizacións polos sinistros chegaron aos 585 millóns, algo menos que os 592 do ano precedente.

O sistema de seguros agrarios español configúrase como un complexo mecanismo de contribución público-privada que contribúe á estabilidade das rendas das explotacións agrarias, ao protexelas fronte ás adversidades climáticas ou outros fenómenos naturais.

Neste sentido, os Orzamentos Xerais do Estado de 2021 (PGE2021) inclúen un incremento nesta partida. Así, vanse a destinar 40 millóns de euros máis e pasa de 211 a 251 millóns a dotación de financiamento adicional pública ás pólizas de agricultores e gandeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información