A identificación electrónica en bovinos pasará a ser obrigatoria para animais nacidos a partir do 30 de xuño de 2025

Sométese a consulta pública a flexibilización da normativa sobre identificación animal e veterinario de explotación. O Ministerio pretende introducir as modificacións comprometidas, como o aprazamento durante un ano da designación do facultativo responsable da granxa

PORTUGAL_PAISANA_VACAS_codigo cores crotal

A identificación electrónica pasará a ser obrigatoria para animais nacidos a partir do 30 de xuño de 2025

O Ministerio de Agricultura abre procedemento de consulta pública da modificación do Real Decreto 787/2023 que regula o sistema de trazabilidade, identificación e rexistro de determinadas especies animais terrestres en catividade, para dar cabida ás medidas de flexibilización comprometidas polo Goberno coas organizacións agrarias nesta materia.

Entre as 43 medidas deseñadas polo Goberno para mellorar a situación de agricultores e gandeiros, e recollidas no documento que a semana pasada asinou o ministro Luis Planas coa Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) e con Unión de Unións de Agricultores e Gandeiros, inclúense algunhas determinacións sobre as obrigas dos titulares das explotacións de gando.

A consulta pública estará aberta ata o próximo 6 de maio na páxina web do Ministerio

Unha destas medidas é o aprazamento da obriga da identificación electrónica de bovinos, que motiva a modificación do mencionado real decreto. Deste xeito, a identificación electrónica en gando bovino, prevista para os animais nados a partir do 30 de xuño deste ano, pasará a aplicarse aos animais nados a partir do 30 de xuño de 2025.

Igualmente, modifícase o calendario de aplicación da normativa sobre o veterinario de explotación. A obriga de nomear a un facultativo como responsable en granxas de 5 ou máis UGM antes do próximo día 18 de maio posponse un ano, ata o 1 de xuño de 2025.

A designación de veterinario de explotación e a identificación electrónica de animais atrásase un ano

Como consecuencia deste aprazamento, prorrógase tamén durante un ano a esixencia de contar cun Plan Sanitario Integral, que deberá ser redactado polo veterinario de explotación. Trátase dun documento previsto no Real Decreto 364/2023 que integra medidas sanitarias, de hixiene, bioseguridade e uso racional de medicamentos na explotación.

 

Principais cambios trala flexibilización das normas para granxas de vacún

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información