Haberá axudas agroambientais e para zonas con limitacións naturais no 2021

Haberá axudas agroambientais e para zonas con limitacións naturais no 2021

O regulamento de transición da PAC, aprobado en Europa, garante a dispoñibilidade de fondos europeos para as axudas agroambientais e para zonas con limitacións naturais no 2021 e no 2022. Era unha cuestión que xa figuraba no borrador da normativa, aprobada estes días, polo que o sector era optimista sobre a posibilidade de que continuasen eses apoios os dous próximos anos, en tanto non entra en vigor a normativa da nova Política Agraria Común (PAC).

Na liña da autorización de Bruxelas, a Consellería do Medio Rural tamén incluíu nos seus presupostos do próximo ano a continuidade das axudas agroambientais e para zonas con limitacións naturais, polo que espérase que as ganderías galegas, nomeadamente as de áreas montañosas, poidan seguir beneficiándose destes apoios.

A cuestión de fondo era que o periodo da PAC 2014-2020 remata este ano, e con el os compromisos asumidos pola Xunta para o pago de axudas agroambientais e das axudas para zonas con limitacións naturais (ZLN), dúas liñas que se encadraban no segundo piar da PAC, no Plan de Desenvolvemento Rural (PDR).

A nova PAC entrará en vigor a partir do ano 2023. Durante o 2021 e o 2022, as granxas continuarán percibindo a PAC de acordo co presuposto 2021 – 2027, pero segundo as vellas normas. Estaba garantido, por tanto, que os produtores, percibirán as axudas directas do primeiro piar, pero as dúbidas centrábanse nas axudas do segundo piar, agroambientais e ZLN, que agora quedan confirmadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información