Gando con GPS: o novo proxecto do Grupo Operativo SIEGA

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) colabora na posta en marcha dunha ferramenta informática para recibir alertas en tempo real do estado dos pastos

Gando con GPS: o novo proxecto do Grupo Operativo SIEGA

Vacas en pastoreo en Fonlor, nos Ancares lucenses

O emprego da tecnoloxía satélite para facilitar o traballo na gandaría extensiva e, ao mesmo tempo, axudar a técnicos e xestores a facer un axeitado seguimento da evolución dos pastos son os obxetivos do plan do Grupo Operativo SIEGA para diseñar e pór en funcionamento unha ferramenta informática que conxugará a teledetección co sistema de Global Positioning Sistem (GPS).

O Grupo SIEGA, do que en Galicia forma parte a Asociación Agraria de Galicia (Asaga) e no que tamén colabora o Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo (Ciam), pertencente a AGACAL, entende que un maior coñecemento do comportamento dos pastos, dos recursos e do gando supón unha clara vantaxe competitiva para a gandaría extensiva, que ven de convertirse nun sector vulnerable ante numerosos riscos para o medio ambiente pola desaparición das pequenas explotacións con base territorial, o aumento do risco de incendios e talas incontroladas, o despoboamento e a baixa rendibilidade.

Neste contexto, é no que o Grupo Operativo SIEGA pretende dotar ao sector dunha valiosa ferramenta operativa que permitirá, entre outras cousas, monitorar en tempo real o estado das dúas principais variables do sistema: o gando e o estado dos pastos.

Vixilancia

A utilidade desta ferramenta parece clara para os gandeiros, que poderán vixiar o estado dos pastos e tamén recibir alertas de localización ou mesmo de ataques ao gando, e tamén para os técnicos e xestores, que poderán facer seguimento preciso e continuado do estado dos pastos, da carga gandeira ou da necesidade, por exemplo, de acometer rozas.

É precisamente o seguimento da vexetación un dos puntos clave desta iniciativa impulsada polo SIEGA e financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A actuación será posible grazas á monitoraxe constante e sistemática que ofrecen constelacións de satélites coma a de Sentinel, que se enmarca dentro do sistema Copernicus da Unión Europea.

De feito, Sentinel-2 achega imaxes cada cinco días, aínda que o seu potencial non só reside na periodicidade das súas imaxes, senón na información contida na ducia de bandas que a compoñen, que vai moito máis alá do que pode ver o ollo humano.

Teledetección

Ao aplicar técnicas de teledetección é xa posible extraer das imaxes proporcionadas polos satélites datos biofísicos da vexetación como a productividade, o contido en auga ou a capacidade nutritiva dos pastos, factores que resultan clave para mellorar a xestión deste valioso recurso natural.

E aínda máis, porque o estudo de series temporais de imaxes permite, segundo o Grupo Operativo SIEGA, caracterizar e comprender mellor o comportamento da vexetación, atopar anomalías no seu crecemento e permite levar a cabo as medidas necesarias para mitigar os seus efectos negativos.

Atopar cambios

Deste xeito, as series temporais de imaxes son tamén unha ferramenta importante para atopar cambios sobre a superficie que poden ser tan bruscos como un incendio forestal, pero tamén paulatinos como a perda de pasto.

É por iso que a ferramenta na que traballa o Grupo Operativo SIEGA pode supoñer importantes melloras para a xestión tecnolóxica e profesionalizada do sector gandeiro.

GRUPO OPERATIVO SIEGA SIEGA_300x250_b ASAJA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información