Freo á ‘importación de deforestación’ en Europa

O Consello de Ministros de Agricultura da UE abordou esta semana medidas para evitar a entrada de produtos agroalimentarios procedentes de áreas deforestadas nos países do Sur. Proxéctase tamén esixirlle ás importacións alimentarias os mesmos requisitos de sanidade animal e vexetal que teñen que cumprir os produtores europeos

Freo á ‘importación de deforestación’ en Europa

Parte da soia que entra de Brasil en Europa lígase a áreas deforestadas, se ben a maior parte considérase soia sostible. / Arquivo.

A reunión do Consello de Ministros de Agricultura da UE acordou elaborar un informe para lexislar en distintas frontes: as importacións de materias primas e produtos, as rendas dos agricultores, e a contribución ao freo da deforestación, co correspondente fomento do uso de produtos sostibles. O vindeiro 2 de marzo, segundo anunciou o Comisario de Agricultura da UE, Janusz Wojciechowski, emitirase un comunicado con posibles medidas na redución dos prezos de enerxía e fertilizantes.


Principais liñas de acción que se presentan


Julien Denormandie, ministro francés de agricultura, destacou que o primeiro punto da orde do día do Consello de Ministros europeo, sobre a reciprocidade das normas, é un tema prioritario. O ministro afirmou que, neste último consello, “estableceuse a necesidade de reforzar a coherencia entre as políticas sectoriais europeas e as políticas comerciais”.

As diferentes ‘pistas de acción’ que o ministro francés detallou, acorde á situación normativa europea, centráronse en “examinar los límites máximos de residuos en froitas e hortalizas”; en regular as medidas espello para prohibir a importación de produtos que proveñan de explotacións que utilicen antibióticos para o crecemento, e en reforzar da acción da UE e da cooperación nas instancias internacionais”.

A lexislación sobre as medidas e pasaportes fitosanitarios, tanto para optimizar o seu cumprimento para produtos importados na UE, como a extensión deste a todos os movementos de plantas para colleita no territorio, foi un punto importante no que houbo consenso entre os diferentes integrantes do consello.

A loita contra a deforestación e a degradación forestal foi outro dos temas clave plantexados no debate do Consello de Ministros. Unha das propostas é regular un dispositivo que permita rastrear a orixe dos produtos importados. Esta ferramenta sería de aplicación para operadores que introducen materias primas en Europa.

A finalidade é regular a entrada de mercadorías do estranxeiro, restrinxindo aquelas procedentes de prácticas asociadas á deforestación, como a soia sen certificación sostible da Amazonía. A medida enmarcase no plan de acción europeo para “minimizar as consecuencias da degradación forestal global e frear o consumo dos produtos que poidan fomentar estas malas prácticas medioambientais”, amplía Julien Denormandie.

A pesar de que existe acordo do sector agroalimentario sobre regular as importacións de materias para así evitar aquelas de extraccións non sostibles, en paralelo, hai un temor entre os agricultores acerca dun aumento dos custos de produción froito da aplicación dos dispositivos de control. Este dilema levou a facer peticións ao Consello de Ministros acerca dunha resposta equilibrada que permita contribuír a frear a deforestación, sen que provoque un aumento de gastos.

Unha cuarta cuestión destacada, lanzada por Alemania e Austria durante a reunión, foron as rendas xustas para os agricultores. Na proposta de instrumentos que poderían mellorar os seus ingresos está a creación de organizacións de produtores, o desenvolvemento de prácticas agrícolas sostibles, ou a sensibilización dos consumidores sobre a orixe dos produtos.

Na súa intervención na rolda de prensa, Janusz Wojciechowski anunciou que “o vindeiro 2 de marzo se tomarán, en primeiro lugar, unha serie de medidas para reducir o coste da enerxía e os prezos dos fertilizantes, en sintonía coa proposta de accións que os países membros poden levar a cabo a nivel nacional”.

A seca en España e Portugal foi outra das cuestións abordadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información