Festa da Caza do Xurés

O evento inclúe unha xornada sobre a conflictividade social ocasionada polo lobo no rural

Festa da Caza do Xurés

Showcooking da pasada Festa da Caza.

A Asociación de Tecores do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (Xurestec) celebrará os días 12 e 13 de maio a VI Festa da Caza do Xurés nas localidades de Entrimo, Muiños e Lobios. O evento está centrado na promoción da cociña con carna de caza e incluirá tamén unha xornada para afondar na conflictividade social provocada polo lobo, que está organizada en colaboración co grupo O Xan.

O programa da Festa da Caza inclúe o sábado 12 un torneo de tiro ó prato (Entrimo), unha exhibición de agility e de cans de busca (Muiños, complexo turístico O Corgo) e un showcooking (Muiños) con cinco pratos elaborados con carnes de caza. Contarase para este parte coa colaboración dos chefs locais Domingo González e Cristian Salgado. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Para o domingo 13 de maio está programada en Lobios (Hotel Balneario Lobios Caldaria) unha xornada formativa coa colaboración do grupo O Xan, adicado á promover o diálogo sobre o lobo en Galicia. Haberá dúas ponencias, a cargo do biólogo Luis Llaneza (‘A situación do lobo en Galicia: a poboación da provincia de Ourense’) e outra do biólogo José Vicente López-Bao (‘¿Qué es coexistir?: claves para la coexistencia’). Seguidamente, farase un coloquio sobre os temas tratados, aberta á participación da veciñanza do Xurés e do Geres (Portugal).

Xornada gastronómica

A continuación, celebrarase no restaurante do hotel unha nova xornada gastronómica, cun menú degustación composto por pratos de carne de caza, como o arroz caldoso de corzo ó estilo do Xurés, o goulash de xabarín á Szegegin con castañas e os pementos de Arnoia recheos de farcies de perdiz con salsa de queixo de cabra do Xurés.

A entrada ten un custo de 17 euros e pódese facer a compra anticipada da mesma nos seguintes establecementos ata o 11 de maio: Bar Frayma (Lobios), Bar Cubano (Lobios), Bar Chispas (Lobios) Bar Emy (San Paio), Bar Metz ( Bande), Bar Entrimeña (Entrimo), Café Bar Taxí (Calvos de Randín), Café Bar Ciguañeira (Calvos de Randin), Bar O Esquinazo (Bande) y Bar O Cruceiro (Guntumil).

Con esta VI Festa da Caza, os cazadores de Xurestec manifestan que continúan na súa aposta pola promoción do Parque Natural en base á promoción da cociña con carne de caza e dos produtos locais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información