Facenda propón reducir a fiscalidade do vacún de leite e da pataca

Facenda propón reducir a fiscalidade do vacún de leite e da pataca

No Proxecto de Orde de Módulos do IRPF do ano 2016 publicado o pasado xoves na páxina web do Ministerio de Facenda, incluíronse, e nun informe elaborado polo MAGRAMA, inclúense as seguintes reducións de módulos con carácter estrutural e que ademais terán vixencia nesta campaña 2015 (poderanse aplicar nas declaracións de Renda que se fagan a partir de maio de 2016):

Bovino de leite: Procede reducir o índice estrutural do bovino de leite de 0,32 a 0,20 (redución dun 38%). Estimando que o 30% dos ingresos desta produción poden estar a tributar no réxime de módulos (debido ao maior tamaño económico das explotacións lácteas respecto da media de explotacións agrarias), esta medida supón, respecto dun ano normal, unha rebaixa duns 100 Millóns de euros na base impoñible.

Pataca: O índice de rendemento neto da pataca redúcese de 0,37 a 0,26. Iso supón unha rebaixa dun 30% da base impoñible derivada dos ingresos correspondentes á pataca. Estimando que o 50% dos ingresos deste cultivo poden estar a tributar no réxime de módulos, esta medida supón, respecto dun ano normal, unha rebaixa duns 30 Millóns de euros na base impoñible.

Segundo informa ASAJA nun comunicado estas reducións foron posibles grazas ás súas xestións ante o Ministerio de Facenda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información