Estes son os 17 animais que este sábado se poxarán en Sarria

poxa_sarria_afrcor_forcao_mogulAfricor Lugo organiza este sábado, 11 de maio, unha poxa de gando frisón na vila de Sarria. Será ás 12:00 horas no mercado gandeiro, e nela colaboran o concello, a cooperativa AIRA, a Xunta de Galicia e Xenética Fontao.

Nesta ocasión poxaranse 17 animais, dos cales 14 son primeirizas e o resto xovencas próximas ao parto.

“Hai moitos animais con proba xenómica, animais A2A2 e animais procedentes das mellores familias americanas, unha boa ampla oferta para escoller os animais que mellor se axusten as súas necesidades”, destacan dende Africor Lugo.

Engaden que “é a mellor acosición para mercar animais, pois trátase de exemplares procedentes de ganderías de Lugo, cunha sanidade e xenealoxía contrastadas”.

“Mercando animais procedentes de ganderias da nosa provincia, ademáis de beneficiarnos do traballo de mellora que estan realizando as explotación galegas, estamos contribuindo a economía local, pois ese diñeiro pasa a mans doutro gandeiro, axudando así uns a outros”, subliñan.

Consulta aquí o catálogo de animais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información