Este domingo celébrase a Mostra do Aceite de Quiroga

Publicidade

A vila luguesa de Quiroga celebra este domingo, 21 de abril, a Mostra do Aceite, para exaltar e poder degustar e mercar un aceite de oliva 100% galego, producido nunha das poucas comarcas nas que conservou o cultivo da oliveira en Galicia.

A mostra, como xa é tradicional, celebrarase nun muiño de aceite da parroquia de Santa María de Bendilló.

O programa desta mostra, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, é o seguinte:

-A partir das 11:30 horas porase en funcionamento o muiño de aceite de Bendilló e dará comezo a demostración de elaboración artesanal do aceite de oliva de Quiroga. Á mesma hora tamén se procederá á apertura dos postos de venda de aceite e de produtos típicos, todos eles de produtores da zona.

-Ás 12.00 horas terá lugar na capela das Farrapas a degustación comentada dos aceites de Quiroga  e a actuación do Grupo de Gaitas O Recanto .

-Ás 13.00 horas comezará outra degustación comentada de aceites de Quiroga e o grupo de música tradicional Merenzao ofrecerá unha actuación.

No recinto da mostra haberá exposición e venda de productos típicos da zona, ademáis de polbo e churrasco.

MOSTRA DO ACEITE QUIROGA 24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información