Enrique Valero, profesor da Escola de Forestais de Pontevedra, novo presidente do PEFC Galicia

Enrique Valero, profesor da Escola de Forestais de Pontevedra, novo presidente do PEFC Galicia

Enrique Valero, profesor da Escola de Forestais de Pontevedr,a novo presidente do PEFC Galicia

A asociación galega promotora da certificación forestal, PEFC GALICIA, celebrou onte día 18 de xuño as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria onde se presentaron os resultados e accións executadas no ano 2019 e a Estratexia 2020-2021.

Os obxectivos da entidade para o novo período son dar un maior impulso de comunicación sobre a importancia de garantir a aplicación dunha xestión forestal sostible certificada PEFC nos montes galegos e ofrecer materia prima á industria forestal de forma que, a través da súa cadea de custodia PEFC, se garanta ao consumidor final a rastrexabilidade do produto ata a súa orixe sostible.

Tras rematar a quenda do mandato da última Xunta Directiva, celebráronse eleccións onde Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, como representante da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, da Universidade de Vigo, foi elixido presidente do PEFC Galicia por unanimidade dos asociados. Completan a Xunta Directiva o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia e a Organización Rural Galega Agroforestal.

“Enrique Valero foi un dos promotores da creación do Sistema de certificación forestal PEFC a nivel internacional e logo nacional nos anos 90, pilotará agora o PEFC Galicia, con tanto ou maior compromiso que nos seus inicios”, destacan dende a asociación.

Sobre PEFC

PEFC é unha alianza global líder de sistemas nacionais e rexionais de certificación forestal con máis de 326 millóns de hectáreas certificadas en todo o mundo, e dedícase a promover a xestión forestal sostible a través dunha verificación independente de terceiros.

Actualmente, só ao redor do 10% dos montes do mundo están certificados baixo un selo de xestión forestal sostible. O sistema contrae moitas formas de involucrarse e axudar a protexer os montes, desde a toma de decisións responsables pola parte do consumidor, a demostrar que se fai unha silvicultura activa con prácticas sostibles ou que as empresas transformadoras cumpran coa sostibilidade, garantindo a rastrexabilidade da orixe dos produtos.

Mais de 30.300 propietarios forestais galegos, cun total de 196.437 Has. están certificadas PEFC, o que lles permite proporcionar garantías de que xestionan os seus montes de acordo con requisitos ambientais, sociais e económicos, equilibrando biodiversidade, benestar e cohesión social, constituíndo unha ferramenta para demostrar as súas prácticas responsables, á vez que asegura que os consumidores e as empresas cumpren con garantías de orixe.

De feito, hai en Galicia 231 certificados e 453 instalacións (o 30 % do total de España) coa súa cadea de custodia PEFC.

PEFC Galicia está composto por tres grupos de interese: propietarios e xestores de montes, industria transformadora e outros colectivos con intereses nos montes como usuarios, ambientalistas, cazadores, gandeiros de cabalo salvaxe, etc. Entre os próximos proxectos a emprender encóntranse o incrementar a superficie certificada, continuar ca certificación de tramos do Camiño de Santiago, e a certificación de produtos forestais non maderables, como froitos, mel, resina, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información