Encontros en liña sobre innovación en madeira

Os próximos 27 e 28 de abril, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra a XI edición de ‘Meeting Point Lignum’, no cal intervirán profesionais da arquitectura para concienciar sobre os beneficios da madeira nas vivendas

Encontros en liña sobre innovación en madeira

Construción do edificio Impulso Verde, en Lugo.

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega da Industria Forestal, celebra o 27 e o 28 de abril a undécima edición do ‘Meeting Point Lignum’, un encontro online que abordará as tendencias de innovación en madeira a través de charlas de diferentes profesionais da arquitectura.

Contarase con dúas conexións ao día, unha ás 12.00h e outras ás 16.00h, a través da plataforma meetingpointlignum.com. Igualmente quedarán arquivadas nese mesmo sitio e no canal de Youtube do Cluster da Madeira, para poder ser consultadas posteriormente.

Ao longo das xornadas intervirán destacados profesionais da arquitectura co obxectivo de enfatizar os beneficios da madeira no entorno no que se habita. O mércores 27 de abril arrancarán a cita das 12.00h Seara Peleteiro Arquitectos coa súa exposición ‘Reflexións: Arquitecto e Oficio’; a cita das 16.00h será a cargo de Fuertes Penedo Arquitectos con ‘Madeira e escala’. Ao día seguinte, na xornada da mañá intervirán Prieto+Patiño Arquitectos falando de ‘Madeira e Pau’. O encontro finalizará coa ponencia ‘Toma de contacto’, ás 16.00h por parte de Flu-or Arquitectura.

Ao longo dos dez últimos anos, con máis de 28.000 seguidores, esta cita representou un punto de encontro para arquitectos, deseñadores e empresas do sector, aportando un arquivo audiovisual de cerca de 40 ponencias didácticas de prescriptores de referencia a nivel nacional. Nesta ocasión, as xornadas están patrocinadas por Laminados Villapol, Molduras del Noroeste, Senssia, Grupo Siero e Woodis Wood.

Programa
Mércores, 27 de abril
12.00h: ‘Reflexións: Arquitecto e Oficio’. Seara Peleteiro Arquitectos
16.00h: ‘Madeira e Escala’. Fuertes Penedo Arquitectos

Xoves, 28 de abril
12.00h: ‘Madeira e Pau’. Prieto+Patiño Arquitectos
16.00h: ‘Toma de contacto’. Flu-or Arquitectura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información