‘Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía’ diríxese ao concello de Palas de Rei, o vindeiro 13 de xaneiro de 2024, saíndo do Concello as 11h. O paseo será de 3 horas aproximadas de duración, e seguidamente degustaranse produtos locais de calidade e xunto a música tradicional da zona. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982238000.
Este ciclo de actividades lúdico-culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo. En cada saída os paseos guiados acompáñanse de actuacións de grupos de música tradicional, e de degustacións de produtos gastronómicos locais.
135 participantes en Friol (xullo), 95 en Guntín (setembro), 72 en Antas de Ulla (outubro) e 128 en Castroverde (decembro) foron as cifras das primeiras catro saídas do Xeodestino Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa xunto a Guido Guía, cunha promedio de 100 persoas por escapada.
Cabe engadir que Guido Álvarez Parga -proxecto Guido Guía- é un turismólogo, profesor univeristario (no Grao de Turismo da UNED en Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios ‘Lucenses do ano 2020’, co Travelers Choice da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.